11/9/2008
Carlos Callón, presidente do Comité do Estado español desta entidade
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, participa en Gdansk (Polonia) no Consello Xeral da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL), no cal se porán en común experiencias de diferentes entidades que traballan en varios puntos do continente en defensa das linguas que están en proceso de normalización social. O representante galego, ademais, será designado formalmente como presidente do Comité desta Axencia Europea no Estado español, cun mandato que durará os próximos tres anos.
3/9/2008
Fomentar a lingua propia no ensino non é prexudicial para a economía
A Mesa pola Normalización Lingüística lamenta as declaracións feitas onte polos directivos do Club Financiero Vigo (CFV) en contra do uso normal da lingua galega. Segundo a asociación en defensa do idioma propio de Galiza, o documento presentado o 2 de setembro polo CFV baixo o título “Política Lingüística. Una visión empresarial” e aprobado pola súa xunta directiva “cáese das mans pola súa acumulación de prexuízos carpetovetónicos”.
27/8/2008
Callón acusa a Educación de “falta de transparencia” por ocultar os datos sobre o incumprimento do Decreto de galeguización
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, sinalou o 27 de agosto nunha comparecencia ante os medios de comunicación, que “o conflicto lingüístico está activo en Galiza porque existen grupos poderosos que tentan que a lingua galega desapareza da vida pública e que se consolide a ausencia de dereitos dos galegofalantes”. O presidente da Mesa acusou ao Partido Popular de liderar estes grupos de presión.
28/4/2008
70 colectivos xa deron o seu apoio ao manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego”
A Mesa pola Normalización
Lingüística vén de facer un chamamento a participar na manifestación convocada
para o vindeiro domingo día 18 de maio, tras alertar da grave situación na que
se atopa o galego. Carlos Callón, presidente da asociación presentou ademais o
material gráfico da campaña “Polo dereito a vivirmos en galego”