marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
SLG
28/11/2008 Presentaran alegacións a dous puntos do texto
cartaz xornada reivindicativa produto caseiro
O SLG vén de contestar ao anuncio realizado na mañá do 28 de novembro pola Consellería de Medio Rural no que se denuncia que a actitude amosada pola Consellaría, dando por aprobada “por acordo unánime de todos os representantes do sector na Comisión Permanente do Consello Agrario” o Decreto de Artesanía Alimentar de Galiza.
17/11/2008 A manifestación partirá ás 11:30 horas da Consellería de Medio Rural e rematará no Obradoiro
SLG mobilizacion 18 novemebro
O SLG convoca para o 18 de novembro unha mobilización polo dereito “á negociación colectiva dos prezos agrarios”. Segundo explican dende o Sindicato Labrego Galego, “a grave situación que arestora están a sufrir as explotacións agrarias en xeral e as leiteiras en particular, perante do risco a vérense abocadas a vender a súa produción a prezos ruinosos, pon de releve a irregularidade predominante no sistema de contratación agraria que, no caso do leite se vendeu como a estabilidade a través dos Contratos Homologados”.
12/11/2008 Denuncian que estes produtos, da multinacional Monsanto, constitúen un perigo para a saúde animal e humana
SLG transxenicos
O SLG alertou da inclusión de diversas variedades vexetais modificadas xeneticamente pola multinacional Monsanto dentro do Rexistro de Variedades Comerciais permitidas no Estado español. Dende o Sindicato Labrego Galego reiteran a denuncia da perigosidade que os alimentos modificados constitúen para a saúde tanto animal como humana, xa que a propia comunidade científica non mantén un posicionamento unánime, co que debería primar o principio de precaución e a non autorización.
6/11/2008 A manifestación partirá dende a entrada Consellaría do Medio Rural e rematará na praza do Obradoiro
slg mobilizacion leite
O Sindicato Labrego Galego anunciou a convocatoria de mobilización para o vindeiro 18 de novembro para reclamar a fixación dun prezo mínimo para o leite. A manifestación partirá dende a entrada da Consellaría de Medio Rural e finalizará na Praza do Obradoiro. O SLG esixirá con esta mobilización a actuación decidida da clase política, na que reside a responsabilidade de egular o leite coa eficacia e garantías que corresponde a un produto de primeira necesidade para a sociedade.
10/10/2008 Solicitan unha convocatoria urxente da Mesa do Leite
Asemblea do Leite
O Sindicato Labrego Galego convocaba, na mañá do pasado xoves día 9 de outubro, unha Asemblea Nacional Aberta do Leite para tratar de articular unha estratexia conxunta que garanta o futuro do sector. Na Mesa acordáronse, entre outras, mobilizacións a nivel estatal para reclamar do Ministerio que elimine a obriga de ter asinado un contrato homologado do Leite para poderen percibir unha parte da subvención de pago único, que entende que só beneficia ás empresas.
10/10/2008 Xornada nacional, organizada polo SLG, o 17 de outubro
produto caseiro
O Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada nacional, o próximo 17 de outubro, baixo o lema “Coñecendo as caras de quen produce os alimentos que comemos. Coñecendo as caras de quen come os alimentos que producimos”, no Hotel Congreso, en Compostela. Unha xornada na que se analizarán as novas formas de relación entre os produtores de alimentos e as persoas que os comen.