17/11/2008
A manifestación partirá ás 11:30 horas da Consellería de Medio Rural e rematará no Obradoiro
O SLG convoca para
o 18 de novembro unha mobilización polo dereito “á negociación colectiva dos
prezos agrarios”. Segundo explican dende o Sindicato Labrego Galego, “a grave
situación que arestora están a sufrir as explotacións agrarias en xeral e as
leiteiras en particular, perante do risco a vérense abocadas a vender a súa
produción a prezos ruinosos, pon de releve a irregularidade predominante no
sistema de contratación agraria que, no caso do leite se vendeu como a
estabilidade a través dos Contratos Homologados”.
6/11/2008
A manifestación partirá dende a entrada Consellaría do Medio Rural e rematará na praza do Obradoiro
O Sindicato Labrego Galego anunciou a
convocatoria de mobilización para o vindeiro 18 de novembro para reclamar a
fixación dun prezo mínimo para o leite. A manifestación partirá dende a entrada
da Consellaría de Medio Rural e finalizará na Praza do Obradoiro. O SLG esixirá con esta mobilización
a actuación decidida da clase política, na que reside a responsabilidade de egular o leite coa eficacia e garantías que corresponde a
un produto de primeira necesidade para a sociedade.
13/8/2008
Solicita a intervención urxente da Consellaría do Medio Rural
“Lácteos Lence” está comunicando nestes días novas baixadas dos prezos do leite a varios grupos de labregas e labregos de Galiza. Para o SLG, son totalmente inaceptábeis por varias razóns.
8/8/2008
O sindicato agrario nacionalista protesta ante Leche Pascual, Medio Rural e a Subdelegación do Goberno español en Lugo
Preto de 200 gandeiros/as, convocados polo SLG, concentráronse o 7 de agosto en Outeiro de Rei diante da factoría de Leche Pascual, empresa que preside a "Federación Nacional de Industrias Lácteas", para demandar un prezo mínimo para o leite de 0´42 euros. Os produtores/as tamén protestaron en Lugo, fronte á delegación provincial da Consellaría de Medio Rural e ás portas de Subdelegación do Goberno español. A orixe destas mobilizacións remóntase ao mes de setembro do ano pasado.
29/4/2008
Fan un chamamento aos gandeiros/as que estean nesta situación
Gandeiro
e gandeiras afectados polas represalias económicas efectuadas nos cobros de Industrias
Lácteas Asturianas S.A.-Reny Picot, multinacional propiedade do empresario asturiano
Francisco Rodríguez, veñen de denunciar esta situación ao Sindicato Labrego.