marco
Artigos de opinión
2008: um ano de avanços na América Latina e no Caribe
Nidia Díaz
O ano de 2008 foi marcado na América Latina e no Caribe, fundamentalmente, pela consolidação e ampliação dos diversos processos de transforma...
Gaza: perguntas e respostas
Emir Sader
Se o Hamas é considerado uma organização terrorista e nunca invadiu territórios israelenses, como deve ser considerado o Exército de ocupaç...
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
mobilizacións
23/12/2008 Exixen unha indemnización axeitada tras a o inminente peche da empresa
08-12-23 Valeo
As traballadoras da antiga Valeo continuaron as mobilizacións contra o peche da empresa manifestándose polas rúas de Vigo. Desta volta, marcharon durante dúas horas pola Avenida de Madrid até o clúster do automóbil, onde demandaron unha solución para a situación de incertidume que agarda ao cadro de persoal, logo de que a empresa peche as súas portas a partir do 31 de decembro.
22/12/2008 Os traballadores e traballadoras estudan as mobilizacións a levar a cabo
Factoría de Vidreira do Atlántico SA
O Comité de Empresa da Vidreira do Atlántico, S.A., tras a xuntanza mantida coa dirección da empresa o 20 de decembro de máis de 5 horas, convocou unha asemblea de traballadores e traballadoras co obxecto de acordar mobilizacións nos vindeiros días por mor da negativa da empresa á manter o plus de actividade sen suprimir a totalidade das horas extras.
12/11/2008 Manifestacións nas sete cidades e A Mariña entre as 19:30 e as 20:30 horas deste xoves día 13 de novembro
cartel paraugas sen texto
Con manifestacións simultáneas nas sete cidades de Galiza e A Mariña culmina a primeira etapa da campaña que a CIG puxo en marcha para denunciar aos responsábeis da actual situación de crise económica e as repercusións que terán, para a clase traballadora, as medidas adoptadas até o de agora polos distintos gobernos. Unha campaña na que se demanda que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.
16/10/2008 Concentráronse primeiro diante do Parlamento e logo diante de Presidencia, en San Caetano
outubro 16, 112 1
Con concentracións diante do Parlamento de Galiza -onde tramitaron unha solicitude de entrevista con todos os grupos con representación na cámara galega-, unha marcha até San Caetano polas rúas da zona vella compostelá e unha concentración diante de Presidencia, reiteraron, na mañá deste xoves 16 de outubro, a súa exixencia de melloras nas condicións laborais e o recoñecemento do dereito á subrogación, as traballadoras e traballadores do servizo de atención a emerxencias 112.
10/10/2008 Solicitan unha convocatoria urxente da Mesa do Leite
Asemblea do Leite
O Sindicato Labrego Galego convocaba, na mañá do pasado xoves día 9 de outubro, unha Asemblea Nacional Aberta do Leite para tratar de articular unha estratexia conxunta que garanta o futuro do sector. Na Mesa acordáronse, entre outras, mobilizacións a nivel estatal para reclamar do Ministerio que elimine a obriga de ter asinado un contrato homologado do Leite para poderen percibir unha parte da subvención de pago único, que entende que só beneficia ás empresas.
8/10/2008 Anúncianse as mobilizacións contra a crise económica para o 13 de novembro
Mobilización Vigo 65 horas VII
Delegados e delegadas da CIG concentráronse de forma simultánea nas sete cidades galegas e na Mariña para manifestar a súa oposición ás modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Nas asembleas previas anunciouse tamén a posta en marcha da campaña contra a crise económica e alertouse do intento de rematar coa exclusividade dos médicos da sanidade pública pola vía de xeneralizar o complemento específico que, até o de agora, reciben aqueles que só traballan no sistema público.