28/10/2008
Realizárona os alumnos do curso de “Soldador/a de Estruturas Metálicas Lixeiras”
Os alumnos do curso de Formación Profesional Ocupacional
de “Soldador/a de Estruturas Metálicas Lixeiras”, impartido por FORGA, participaron
no acto de doazón e colocación da escultura do ilustre galeguista Alfonso
Daniel Rodríguez Castelao, xunto co profesor que impartiu o curso, Juan García,
o xerente da fundación, Antón Casal, o
secretario confederal de Formación da CIG, Fernando Sabio, o secretario xeral
da CIG, Suso Seixo e a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel
do concello de Santiago, Elvira Cienfuegos.
20/5/2008
Celebrarase o 24 de maio a partir das 12:00 horas
FORGA - CIG de A Mariña vai organizar o primeiro "Encontro Sindical da Mariña" para debater sobre a situación do sindicalismo e o emprego na comarca. O evento celebrarase o sábado 24 de maio, a partir as 12:00 horas, no Restaurante Louzao de Viveiro.
29/4/2008
Estarán orientados, fundamentalmente, a actividades de formación profesional e social
O
Grupo de Investigación “Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega” (TALG) da
Universidade de Vigo e FORGA asinaron un protocolo para elaborar e compartir
recursos lingüísticos. Con este acordo preténdense establecer canles estábeis
que permitan compartir e desenvolver recursos lingüísticos e terminolóxicos
para o galego orientados á actividade de formación profesional e social.