27/11/2008
Actos socioculturais
Unha escolma do traballo do fotógrafo venezolano Federico Fernández Ackermann ficou inaugurada na mañá do 27 de novembro na sede do sindicato en Lugo. CIG-Migración tamén organiza o 28 de novembro na Coruña a charla “Psicopatoloxía do retorno”, que abordará a situación dos emigrantes galegos retornados a partir das narracións das súas experiencias.
19/11/2008
A mostra, composta por seis paneis, pódese visitar no local comarcal da central en Lugo
O 17 de novembro
a Executiva da CIG trasladaba a súa reunión semanal en Compostela até o local
comarcal de Lugo. A data merecíao: a conmemoración do 90 aniversario do
Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo, un feito histórico para o
nacionalismo galego. O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, o secretario
Confederal de Formación Sindical, Manuel Mera, e o secretario comarcal, Xosé
Ferreiro, foron os encargados de lembrar esta data e presentar a exposición
conmemorativa organizada pola central.
6/6/2008
Ambas exposicións poderán visitarse durante o mes de xuño na Casa Museo Casares Quiroga
A Casa Museo Casares Quiroga, en A Coruña (rúa Panadeiras 12), acolle durante o mes de xuño dúas exposicións que contan coa colaboración e apoio da CIG: “O exilio galego en Venezuela” e “Latinoamérica portas abertas”. Ambas mostras foron inauguradas o 6 de xuño.
26/5/2008
A mostra céntrase no Exilio galego en Venezuela (e a República Dominicana)
A Estrada é a cuarta das vilas galegas que acolle a mostra sobre o Exilio galego en Venezuela (e a República Dominicana).
30/4/2008
PROGRAMACIÓN CULTURAL DESTA FEDERACIÓN CO GALLO DO 1º DE MAIO
A CIG-Servizos organiza unha intensa actividade cultural no Forum Metropolitano de A Coruña para conmemorar o 1º de Maio coa posta en marcha da exposición fotográfica "Dar a cara" e co ciclo de cinema obreiro "Saíndo da fábrica".