2/5/2008
OS TRABALLADORES ALERTAN DE QUE PODEN QUEDAR NO PARO A PARTIR DE XULLO
Unha delegación dos mineiros das auxiliares de Meirama e da CIG reuniuse cos representantes do Concello de Cerceda nas mesas do carbón local e autonómicas para solicitarlles o seu apoio para que se materialice o 100% das recolocacións. As xestións urxen, posto que en xullo finalizan moitos dos contratos que teñen subscritos os mineiros coas súas empresas.
24/1/2008
Solicita ao Ministerio que xestione a incorporación a Endesa dos operarios que reúnan os requisitos marcados polo Miner II
A Corporación municipal de As Pontes aprobou por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores das auxiliares da mina, nun pleno extraordinario celebrado o 23 de xaneiro. O Concello pediralle ao Ministerio de Industria que xestione a incorporación a Endesa de todos os operarios das contratas e subcontratas que reúnan os requisitos marcados polo Plan Miner II.
5/1/2008
É indecente que UGT e CCOO pretendan arrogarse méritos cando son responsábeis de que os mineiros fiquen excluÃdos do Miner II
Os avances producidos no conflito das auxiliares de Meirama, como o mantemento dos postos de traballo dos mineiros durante seis meses máis desde o peche do xacemento, ocorrido o pasado 31 de decembro, débense á capacidade de mobilización que amosaron os operarios. A última convocatoria de folga serviu para forzar a Masa, Soluziona e Fergo a garantir o traballo na mina até o próximo verán.