marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
privatización
9/10/2008 Precarización e riscos para os usuarios e usuarias do Sergas
O novo servizo do Sergas ‘Saúde en liña’ entrou nesta segunda semana de outubro en funcionamento, adxudicándolle o desenvolvemento destas funcións a unha empresa privada, servizo suministrado polo Callcenter. Todas as chamadas telefónicas de citación previa dos centros de saúde da provincia de Ourense, deste xeito, pasarán por este novo servizo. A CIG Saúde critica esta nova privatización, xa que “este servizo debe funcionar con traballadores e traballadoras do Sergas e cun control exhaustivo dos datos sensíbeis dos e das usuarias”.
11/8/2008 Este departamento autonómico quere eliminar estas prazas para recorrer aos servizos de empresas privadas
En defensa dos servizos públicos
O Comité de Empresa provincial da Coruña da Consellaría de Presidencia presentará alegacións ao proceso de amortización de 42 postos emprendido polo departamento dirixido por José Luis Méndez Romeu. Presidencia desatendeu as alegacións dos sindicatos, co que segue adiante con este plan, que supón a privatización de servizos públicos.
30/5/2008 Medio centenar de delegados e traballadores mobilizáronse en A Coruña
Concentración ante Edificio Administrativo de Monelos 3
A CIG – Administración Autonómica prosegue coa campaña de denuncia da amortización inxustificada de 42 postos de traballo que emprendeu a Consellaría de Presidencia. Medio cento de delegados da CIG e traballadores da Xunta concentráronse o 29 de maio diante do Edificio Administrativo de Monelos, en A Coruña. Denuncian que Méndez Romeu botará 42 traballadores coa intención de crear prazas de libre designación para o seu equipo na Secretaría Xeral de Presidencia.
21/5/2008 Privatización da Caixa de Aforros
logo Caixa Galicia
A privatización da primeira Caixa de Aforros do país entra na súa fase final, a Dirección da empresa prepara a súa saída a bolsa coa emisión de cotas participativas, instrumento semellante ás accións que cotizarán en Bolsa. Esta posíbel emisión, que debería ser aprobada pola Xunta de Galicia, súmase á entrada de capital privado na Corporación Caixa Galicia.
8/5/2008 Despois dun peche na Xunta en Pontevedra
Mobilización contra as privatizacións no Edificio da Xunta en Pontevedra
A Escola Infantil do novo edificio administrativo da Xunta no bairro de Campolongo será de carácter público. Ese é o compromiso obtido da delegada provincial de Presidencia, Maica Larriba, ás cinco centrais sindicais (CIG, CSI-Csif, CGT, UGT e CCOO) que conforman os comités de empresa e a xunta de persoal das delegacións provinciais. Será, segundo as xestións desta delegada, a Consellería de Vicepresidencia quen será responsábel do devandito servizo.
5/5/2008 A limpeza e a escola infantil non serán públicas
Concentración dos empregados e empregadas publicas da Xunta de Galiza en Pontevedra II
Traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza, e delegados e delegadas sindicais de UGT, CC.OO, CIG, CSI-CSIF e CGT concentrábanse o 5 de maio diante do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra, para expresar o seu rexeitamento á privatización de diferentes servizos da administración autonómica nesta cidade.