19/11/2008
Denuncian en Inspección de Traballo as vulneracións ao dereito de folga
Na mañá do 19 de novembro os piquetes informativos chegaban ás portas do edificio da Xunta de Galiza en Vigo. Tentaron entrar, máis a Policia Autonómica bloqueou as entradas. Pouco despois unha actuación desmedida dos antidistubios contra as/os traballadoras/es que estaban facendo unha sentada diante das instalacións da Xunta de Galiza provocou que dúas das traballadoras foran empurradas e pisadas polos antidisturbios, o que conlevou que unha delas tivera convulsións e que outra quedara mancada nunha perna. Dúas ambulancias tiveron que trasladalas a Urxencias.
14/11/2008
Mantiveron unha reunión "decepcionante" con Pilar Cancela na Xunta en Vigo
O 13 e 14 de novembro está convocada folga en Cablerías Auto, que na súa primeira xornada tivo un seguimento do 100%. Ademais as traballadores e traballadores da antiga Valeo, situada no Polígono das Gándaras do Porriño, realizaron distintas concentracións e mobilizacións ao longo do día para esixir que se coñeza o plan industrial da nova empresa, Cablerías Auto, que non lles asegura carga de traballo despois do mes de decembro.
18/9/2008
O actual Acordo está caducado desde o mes de decembro de 2007
A CIG-Autonómica vén de anunciar que adoptará
medidas de presión se non se convocan, antes do día 26 de setembro, ás partes implicadas
para acadar un acordo que garanta a mellora das condicións de traballo dos
axentes forestais e medioambientais da Xunta de Galiza. CIG-Autonómica lembra
que o actual está caducado desde finais de 2007 e que non foi posíbel chegar a
un novo pola falta de entendemento entre as consellarías de Medio Rural e Medio
Ambiente.
16/9/2008
Entrevistamos á traballadora discriminada
Os traballadores de Extraco continúan en folga indefinida desde o 10 de setembro porque a empresa se nega a cumprir o pacto acadado despois dun largo
conflito, mediante o cal acordábase, entre outras cousas, que a administrativa tería xornada
continuada para poder levar ao seu fillo pequeno á
gardería. Por esta razón, o martes 16 de setembro mobilizáronse fronte á Delegación da Xunta de Galiza en Vigo, para visibilizar o seu conflito e demandar da Xunta e de Política Territorial que asuma ás súas responsabilidades e medie diante desta grave vulneración de dereitos.
23/7/2008
Mellora as condicións laborais de arredor de 10.000 traballadores
CIG e UGT, que
contan co 60% da representación sindical na Xunta de Galiza, asinaron o pasado martes día 22 de xullo o V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, tras
catro anos de difíciles negociacións con dous gobernos diferentes. Desde a CIG
Autonómica valórase moi positivamente o acordo porque mellora substancialmente
as condicións laborais dos arredor de 10.000 traballadores afectados por este
convenio, nomeadamente os do servizo de extinción de incendios forestais.
10/7/2008
Ten outra explotación de cuarzo á outra beira do río Ulla, fronte á mina
A federación de Químicas da CIG vén de remitir un comunicado no que acusa á Xunta de Galiza de non dicir a verdade ao asegurar que un cambio de trazado do TAV ao seu paso por Serrabal provocaría un atraso adicional das obras. Abelardo Landeira, secretario nacional da federación considera que detrás da negativa a sequera valoralo agóchanse outro interes. Reproducimos, a continuación, o comunicado.