marco
Artigos de opinión
George Steiner e os “damnificados da literatura galega”
Xurxo Martínez Crespo
Isabel Bugallal, de La Opinión de A Coruña, preguntoulles a un fato de “notabéis” verbo as declaracións de George Steiner sobre a literatur...
Bolívia: À esquerda não basta ganhar eleições!
Ivan Pinheiro
A dificil situação da Bolívia depois do referendo de 10 de Agosto analisada por Ivan Pinheiro tem, entre outros méritos, o de de ser feito por...
Xogar con vantaxe
Manuel Mera
Seica imos ter eleicións anticipadas, diante do temor do PSOE autóctono de perder votos a medida que se agrave a crise económica, polo que se di...
escravismo
10/6/2008 Celebrado o primeiro dos xuízos por despedimentos de obreiros inmigrantes
Primeiro xuízo contra Eshor 1
A CIG de Ferrol solicita a intervención do Ministerio Fiscal en Eshor por unha “fraude masiva aos traballadores, a Facenda e á Seguridade Social”, pois a construtora obriga a asinar baixas voluntarias a moitos dos seus empregados estranxeiros e despide aqueles que sofren un accidente laboral ou caen enfermos.
6/6/2008 Está prevista para o día 10 de xuño, ás 8:45 horas diante dos xulgados
A dirección comarcal da CIG de Ferrol acordou, na súa xuntanza do 15 de maio, facer un chamamento á participación na concentración convocada para o próximo día 10 de xuño ás 8:45 horas, diante dos xulgados, baixo o lema “Eshor abusa das/os traballadoras/es. Contra a explotación laboral: traballadores/as do mundo unidos”. A convocatoria de concentración coincide cun xuízo pola denuncia dun traballador inmigrante contra a empresa, que “se ten caracterizado nos últimos tempos por ter unha posición belixerante contra da nosa Central Sindical”, explican.
16/5/2008 A CONSTRUTORA FRETOU UN BUS E VARIAS FURGONETAS PARA TRASLADAR EMPREGADOS DESDE MADRID A FERROL
Eshor 1
Ferrol viviu un feito insólito na tarde do 15 de maio. A construtora Eshor organizou unha protesta fronte ao local da CIG na que mobilizou algo máis dun centenar de traballadores, na súa inmensa maioría inmigrantes. A empresa fretou un autobús e varias furgonetas para trasladar obreiros desde Madrid a Ferrol.
5/5/2008 A EMPRESA RECIBE BONIFICACIÓNS DO MINISTERIO DE TRABALLO
Eshor escraviza traballadores estranxeiros
A construtora Eshor, empresa con sede en Cabanas especializada en estruturas de formigón, escraviza os traballadores inmigrantes. A sociedade, que se beneficia de bonificacións que concede o Ministerio de Traballo para a contratación de operarios no estranxeiro, obriga estes obreiros a asinar baixas voluntarias e despide aqueles que sufriron accidentes laborais ou se atopan de baixa por enfermidade común.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS