26/6/2008
Alerta de que prácticas semellantes tamén se estan a dar no servizo doméstico
Tras facerse públicas, o pasado día 24 de
xuño, as detencións de 17 persoas, a meirande parte delas empresarios da
comarca de Compostela, relacionadas con delictos de estafa ou de explotación
laboral de inmigrantes marroquís, a CIG, a través do seu Departamento de
Migración quere facer pública a súa máis enérxica condena e anunciar que
continuará a pular por un sistema normalizado de contratación legal.
16/5/2008
A CONSTRUTORA FRETOU UN BUS E VARIAS FURGONETAS PARA TRASLADAR EMPREGADOS DESDE MADRID A FERROL
Ferrol viviu un feito insólito na tarde do 15 de maio. A construtora Eshor organizou unha protesta fronte ao local da CIG na que mobilizou algo máis dun centenar de traballadores, na súa inmensa maioría inmigrantes. A empresa fretou un autobús e varias furgonetas para trasladar obreiros desde Madrid a Ferrol.
5/5/2008
A EMPRESA RECIBE BONIFICACIÓNS DO MINISTERIO DE TRABALLO
A construtora Eshor, empresa con sede en Cabanas especializada en estruturas de formigón, escraviza os traballadores inmigrantes. A sociedade, que se beneficia de bonificacións que concede o Ministerio de Traballo para a contratación de operarios no estranxeiro, obriga estes obreiros a asinar baixas voluntarias e despide aqueles que sufriron accidentes laborais ou se atopan de baixa por enfermidade común.