10/7/2008
Solidariedade internacionalista
A CIG-Químicas e Enerxía amosou o seu apoio ao Gran Paro Nacional convocado o 9 de xullo en Perú pola CGTP e a Coordinadora Político Social en contra das políticas neoliberais e represivas emprendidas polo Goberno de Alan García. A CIG-Químicas remitiu a súa mensaxe solidaria ás organizacións convocantes da folga e á Federación Sindical Mundial. Tamén lle trasladou a misiva ao propio Goberno peruano.
6/6/2008
Xoan Xosé Melón, secretario nacional, acudiu a estas reunións
O secretario nacional da Federación da Construción da CIG, Xoan Xosé Melón, participou na última semana de distintos encontros e reunións en Brasil, co movemento sindical internacional, para analizar cal é a situación dos traballadores deste sector.
19/5/2008
Alan García reprime os movementos sociais
A CIG – Químicas e Enerxía, a través do seu secretario nacional, Abelardo Landeira, remitiu unha carta ao resto de sindicatos afiliados á UIS - Enerxía da Federación Sindical Mundial (FSM) na que expresa a solidariedade con Guadalupe Hilario e outros/as activistas campesiños e indíxenas do Perú, encarcerados polo goberno neoliberal de Alan García.
5/1/2008
Contra as deslocalizacións no Telemárketing
A Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional española está a tramitar o recurso contencioso administrativo interposto pola CIG contra unha autorización de transferencia internacional de dados á filial peruana da empresa Global Sales Solutions Line SL, concedida pola Axencia Española de Protección de Dados (AEPD) á Telefónica Móviles España SA. Este servizo é prestado actualmente pola empresa Eurocen, que dá emprego a cerca de 1.000 persoas na cidade de A Coruña.