6/5/2008
O filme proxéctase dentro da campaña cara á manifestación do 18 de maio
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de estrear o filme documentario Galiza somos. A lingua en movemento, producido pola propia asociación e concibido como “unha mostra da vulneración dos dereitos lingüísticos na nosa historia recente”. A presentación deste documentario realízase dentro da campaña para a mobilización nacional do 18 de maio en defensa do dereito a vivir en galego.