17/9/2008
Consensuaranse bases de contratación
A CIG de Monterrei – A Limia informa de que logo da constitución da Mesa Xeral de Negociación Colectiva de Vilariño de Conso na data de 30 de xullo, o venres día doce de setembro se volveu reunir a mesma para iniciar a negociación do futuro convenio colectivo para os/as traballadores/as laborais do concello e consensuar a aplicación dunhas Bases de Contratación que en adiante se terán en conta para o acceso a calquera posto de traballo no municipio.
21/7/2008
Demandan diálogo do goberno municipal
O persoal do concello de Vilariño de Conso vén
de convocar unha xornada de folga para este xoves, día 24 de xullo. Demandan do
goberno municipal que sente a negociar para facilitar o acordo e asinar un novo
convenio colectivo, fixar as bases de contratación do persoal do concello e a
Relación de Postos de Traballo. Non é a primeira vez que se mobilizan e, se non
hai avances nas negociacións, xa adiantan que tampouco será a última.
6/5/2008
Anuncia que o levará aos ante os Tribunais
A CIG de Monterrei-A Limia vén de denunciar a
actitude “despótica” e “insultante” que mantén o alcalde de Vilariño de Conso,
desde o momento no que foi elixido. Luís Ferreiro, secretario local, afirma que
este comportamento é “inadmisíbel” e anuncia que o denunciarán ante a xustiza.