marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
convenio colectivo
18/11/2008 A CIG optará pola mobilización se a patronal non inclúe as demandas fundamentais dos/as traballadores/as
Mobilizacións seguridade privada
A patronal do sector de seguridade privada manifestaba, na última xuntanza da mesa negociadora do convenio, o pasado 11 de novembro, a súa negativa a abordar cuestións económicas e a aceptar a proposta dun incremento salarial do IPC máis dous puntos, sob pretexto da situación provocada pola crise económica. Para a CIG-Servizos esta posición é inadmisíbel e xa anunciou que de manterse optará pola mobilización.
17/9/2008 Consensuaranse bases de contratación
Vilariño de Conso
A CIG de Monterrei – A Limia informa de que logo da constitución da Mesa Xeral de Negociación Colectiva de Vilariño de Conso na data de 30 de xullo, o venres día doce de setembro se volveu reunir a mesma para iniciar a negociación do futuro convenio colectivo para os/as traballadores/as laborais do concello e consensuar a aplicación dunhas Bases de Contratación que en adiante se terán en conta para o acceso a calquera posto de traballo no municipio.
21/7/2008 A CIG presentou unha demanda de tutela do dereito de liberdade sindical e folga
Xinzo folga concello
Os traballadores e traballadoras do concello de Xinzo da Limia sumáronse, este martes 22 de xullo, á folga de dúas horas (das 12:30 ás 14:30) convocada pola CIG. Unha mobilización que tiña como obxectivo reclamar a negociación do convenio colectivo e que se definan as bases de contratación do persoal laboral temporal. Os traballadores tamén denunciaron os incumprimentos do concello en materia laboral.
21/7/2008 Demandan diálogo do goberno municipal
Vilariño de Conso
O persoal do concello de Vilariño de Conso vén de convocar unha xornada de folga para este xoves, día 24 de xullo. Demandan do goberno municipal que sente a negociar para facilitar o acordo e asinar un novo convenio colectivo, fixar as bases de contratación do persoal do concello e a Relación de Postos de Traballo. Non é a primeira vez que se mobilizan e, se non hai avances nas negociacións, xa adiantan que tampouco será a última.
5/6/2008 Importante seguimento da folga
Paro dos traballadores de Telefonica 050608 I
De novo o xoves 5 de xuño os traballadores e traballadoras de Telefónica volvían parar, por segundo xoves consecutivo, mentres se celebra en Madrid a mesa de negociación colectiva, contando cun bo apoio nesta segunda xornada de folga.
16/1/2008 Cinco traballadores levan xa dous meses sen traballo efectivo por pedir mellores condicións laborais
concentracion transportes rial
Traballadores de Transportes Rial SL concentráronse diante da empresa para denunciar a precariedade laboral que padecen e demandar unhas condicións de traballo dignas. Como medida de presión os traballadores acordaron pór en marcha unha campaña informativa entre os veciños e veciñas de Negreira para dar a coñecer a súa situación.