27/5/2008
Constituirase unha comisión de seguimento
Por unanimidade foi aprobada o 26 de maio a moción presentada polas traballadoras fixas discontinuas da conserveira de Vilanova de Arousa Pérez Lafuente. Conseguiron tamén que se creara unha comisión de seguimento para mediar neste conflito e apoiar ás traballadoras.
23/5/2008
Agardan compromiso de carga de traballo
O venres 23 de maio desenvolveuse unha nova xornada de folga na conserveira de Vilanova de Arousa Pérez Lafuente. Doce patrullas da garda civil acudiron á primeira hora da mañá. As traballadoras fixas discontinuas concentráronse diante da fábrica desde as nove da mañá.
21/5/2008
Bloqueo da entrada e seguimento total
As traballadoras de Pérez Lafuente continúan coa folga prevista en xornadas alternas nesta terceira semana de maio. O mércores 21 de maio unha das traballadoras desta conserveira foi agredida polo xefe da factoría, cando tentaba posibilitar o acceso á fábrica dos "esquirois".
15/5/2008
Tensión e dignidade das traballadoras da conserva
Ás seis e media da mañá comezaban a chegar as piquetes á fábrica de Conservas Pérez Lafuente en Vilanova de Arousa. Alí permaneceron durante todo o día as perto de trinta mulleres que conseguiron parar a produción desta fábrica, na demanda de carga de traballo e por un plan de futuro para esta empresa.
14/5/2008
Este 15 de maio comeza a folga na fábrica
Continúa aberto o conflito aberto na conserveira de Vilanova de Arousa Pérez Lafuente. Estas traballadoras decidiron dar a coñecer o seu conflito ao Pleno municipal e aos grupos municipais que compoñen o mesmo. Entre outras cuestións, estas traballadoras reivindican o establecemento dunha xornada laboral efectiva e continuada todo o ano, xa que a fixa discontinuas nos últimos anos só significou incerteza, precariedade e moi pouco traballo.
12/5/2008
Despois de 12 días de mobilizacións
Logo de doce días de mobilizacións diante da sede da empresa e do Concello de Vilanova, as traballadoras fixas discontínuas decidiron mudar de sitio para seguir denunciando a mesma situación que padecen desde hai anos, e que se incrementou moito nos últimos tempos: a falta de carga de traballo.