marco
Artigos de opinión
2008: um ano de avanços na América Latina e no Caribe
Nidia Díaz
O ano de 2008 foi marcado na América Latina e no Caribe, fundamentalmente, pela consolidação e ampliação dos diversos processos de transforma...
Gaza: perguntas e respostas
Emir Sader
Se o Hamas é considerado uma organização terrorista e nunca invadiu territórios israelenses, como deve ser considerado o Exército de ocupaç...
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
seguridade privada
27/11/2008 Concentráronse diante do complexo administrativo de San Lázaro, en Compostela
08-11-27 concentración seguridade privada 3
Traballadores e traballadoras da seguridade privada que realizan os seus servizos para a Xunta concentráronse diante do complexo de edificios administrativos de San Lázaro para reclamar a equiparación salarial ao persoal laboral da administración pública. A CIG reclama tamén que o servizo de seguridade privada volva ser público.
25/11/2008 A empresa enganou á dirección do CHUS ao falsificar partes de servizos para simular que tiña un número maior de vixiantes no centro
08-11-25 RP VIPROGA
O Secretario Nacional da Federación de Servizos da CIG, Paulo Rubido, reclamou a Secretaría Xeral do Sergas que non adxudique a VIPROGA o concurso de servizo de seguridade privada do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. A empresa, que leva xestionando este servizo 18 anos, cometeu múltiples irregularidades cos seus traballadores e mesmo enganou á dirección do centro presentando falsos partes de servizos.
18/11/2008 A CIG optará pola mobilización se a patronal non inclúe as demandas fundamentais dos/as traballadores/as
Mobilizacións seguridade privada
A patronal do sector de seguridade privada manifestaba, na última xuntanza da mesa negociadora do convenio, o pasado 11 de novembro, a súa negativa a abordar cuestións económicas e a aceptar a proposta dun incremento salarial do IPC máis dous puntos, sob pretexto da situación provocada pola crise económica. Para a CIG-Servizos esta posición é inadmisíbel e xa anunciou que de manterse optará pola mobilización.
20/10/2008 Ao menos catro persoas resultaron lesionadas pola actuación dos vixilantes do centro comercial Catro Camiños
Agresión dun membro de Prosegur
O responsábel do Comercio da CIG-Servizos da Coruña, Roberto Pérez Vila, denunciou en dependencias policiais as agresións das que foi obxecto por parte de vixilantes da compañía Prosegur no decurso da folga do 17 de outubro no Comercio vario da provincia. Outra traballadora, á que lle diagnosticaron unha escordadura nun dedo dunha man como consecuencia dos golpes recibidos, tamén presentou unha denuncia contra membros de Prosegur. Esta operaria ten o brazo en estribeira e inmobilizado e se atopa de baixa laboral.
10/6/2008 Anuncia unha concentración para o venres, ás 12:00, diante do Clínico de Compostela
Paulo Rubido Viproga
Viproga presentou unha demanda contra a consellaría de Cultura por ter favorecido, supostamente, a outra empresa ao outorgarlle a concesión do servizo de seguridade da Cidade da Cultura. Daniel Rego, xerente de Viproga, fundamentaba a denuncia en que a súa oferta era máis baixa e que, malia todo, quedou excluída. Porén, CIG-Servizos considera que quedou fóra do concurso por non aterse á legalidade e lembrou que Viproga ten unhas 40 sentenzas na súa contra nos últimos 5 anos.
8/5/2008 TRABALLADORES E SINDICALISTAS CONCÉNTRANSE NA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ESPAÑOL
Vixiantes Lugo
Membros da CIG-Servizos e da Unión Comarcal de Lugo concentráronse o 7 de maio diante da Subdelegación do Goberno español na cidade para denunciar o intrusismo laboral na seguridade privada. A central nacionalista, ademais, esixe a readmisión dos 12 vixilantes despedidos na empresa “GARDA Servicios de Seguridad S.A.”.