marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
Lugo
28/11/2008 O secretario comarcal da CIG de Lugo presentou un informe sobre o estado da inmigración na provincia
08-11-08 Inauguracion Servizo Migracion Lugo
O xoves 27 de novembro foi inagurado o Servizo de Migración en Lugo cunha presentación do secretario Comarcal, Xosé Ferreiro, da secretaria Confederal de Servizos, Afiliación e Migración, Elvira Patiño Ogea, do responsábel do departamento en Lugo, Alexandre Penas Roibás e do responsábel do Servizo de Migración da Coruña Xurxo Martínez Crespo.
19/11/2008 A mostra, composta por seis paneis, pódese visitar no local comarcal da central en Lugo
asemblea nacionalista lugo
O 17 de novembro a Executiva da CIG trasladaba a súa reunión semanal en Compostela até o local comarcal de Lugo. A data merecíao: a conmemoración do 90 aniversario do Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo, un feito histórico para o nacionalismo galego. O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, o secretario Confederal de Formación Sindical, Manuel Mera, e o secretario comarcal, Xosé Ferreiro, foron os encargados de lembrar esta data e presentar a exposición conmemorativa organizada pola central.
7/11/2008 Esta empresa da pedra botara 30 operarios na súa planta de Guitiriz
Sentenza Ingemarga
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) declarou improcedentes os 30 despedimentos de operarios da planta de Ingemarga en Guitiriz que foran botados pola empresa por negárense a traballar as fins de semana. O fallo xudicial ordena Ingemarga a readmitilos nos seus postos co conseguinte abono dos salarios de tramitación. De non aceptar esta opción, a empresa tería que indemnizalos e desembolsar preto dun millón de euros.
8/8/2008 O sindicato agrario nacionalista protesta ante Leche Pascual, Medio Rural e a Subdelegación do Goberno español en Lugo
SLG en Lugo: prezo xusto para o leite
Preto de 200 gandeiros/as, convocados polo SLG, concentráronse o 7 de agosto en Outeiro de Rei diante da factoría de Leche Pascual, empresa que preside a "Federación Nacional de Industrias Lácteas", para demandar un prezo mínimo para o leite de 0´42 euros. Os produtores/as tamén protestaron en Lugo, fronte á delegación provincial da Consellaría de Medio Rural e ás portas de Subdelegación do Goberno español. A orixe destas mobilizacións remóntase ao mes de setembro do ano pasado.
8/7/2008 Este centro educativo ten concertos coa Consellaría de Educación
O Colexio Maristas “La Inmaculada” de Lugo botou nos últimos días dous profesores que se solidarizaran con outros dous compañeiros que foran despedidos anteriormente. Antes de que se producisen os últimos despedimentos, a CIG-Ensino de Lugo xa alertara a Consellaría do ambiente de represión laboral existente no colexio.
1/7/2008 Prevista unha xuntanza coa consellaría de Traballo o día 2 de xullo
BBVA mobilizacións Lugo
O pasado 26 de xuño tivo lugar unha nova concentración de delegados e delegadas da CIG contra o proceso de reconversión do BBVA, desta volta na Oficina Principal de Lugo. Por outra banda o vindeiro día 2 de xullo está prevista unha reunión coa Consellaría de Traballo para solicitar unha implicación da Administración na defensa dos postos de traballo.