23/6/2008
"O sindicalismo: novos retos"
O xoves 19 de xuño máis de 200 delegados e delegadas da CIG participaron dun encontro que baixo o título "O sindicalismo: novos retos", facía fincapé na importancia da saúde laboral, e que tiña lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra.
17/6/2008
Expertos de diferentes nacións compartiron coñecementos neste evento organizado pola CIG
“O cooperativismo é a fórmula que teñen os cidadáns para resolver problemas económicos, sociais e culturais”. Desta forma defendeu as cooperativas como modelo alternativo ás empresas privadas Fernando Parreira, presidente da Federación Nacional de Cooperativas de Consumidores de Portugal (FENACOOP). Parreira foi un dos poñentes que interveu nas "Xornadas Internacionais de Economía Social", que organizou a CIG os días 13 e 14 de xuño en Compostela.
4/6/2008
Os días 13 e 14 de xuño en Compostela
Os días 13 e 14 de xuño terán lugar en Santiago de Compostela as
Xornadas Internacionais de Economía Social organizadas pola CIG en colaboración
coa Federación de Cooperativas SINERXIA.
22/5/2008
13-14 de xuño en Compostela
Ponentes de varios países participarán nunhas xornadas organizadas pola CIG e Sinerxia co fin de achegar á sociedade galega o modelo da economía social, tanto de traballo como de consumo.
14/5/2008
Campaña comarcal
O Gabinete de Saúde Laboral da CIG, celebrou o martes 13 de maio en Ourense unha xornada técnica de sensibilización ante o risco para a saúde dos traballadores provocado polo amianto titulada Amianto: perigo! A continuación adxuntamos fotos e unha crónica do ali acontecido.
12/5/2008
O martes 13 de maio no Centro de Saúde Valle Inclán
A CIG na Comarca de Ourense acordou continuar coa Campaña sobre amianto realizando unha Xornada Técnica sobre a problemática do Amianto, o
impacto na saúde dos traballadores e traballadoras que o manipulen e os dereitos
que existen en canto á protección e vixilancia da saúde.