12/11/2008
Terán lugar do 4 ao 8 de decembro
Con motivo da situación pola que estan a pasar as traballadoras e traballadores da lousa, constutuíse un comité organizador de eventos deportivos en apoio destas compañeiras e compañeiros que nestes momentos se atopan sen traballo. Disputaranse tres encontros deportivos do 4 ao 8 de decembro, aos que se pode asistir cun bono único de dez euros, que se pode mercar nos locais das centrais sindicais.
6/11/2008
Apoio masivo e solidario do sector
Foron máis de 7.000 os traballadores do sector do Metal que o 6 de novembro percorreron as rúas de Vigo para amosar a súa solidariedade cos catro traballadores do Naval, para os que a Fiscalía solicitaba catro anos de cadea pola folga do 2007 polo cumprimento do Convenio. Paro xeralizado e marchas moi numerosas visibilizaron o apoio do sector a estes catro compañeiros, e a loita que están dispostos a dar contra a represión sindical. Unha xornada de desafío a do 6 de novembro que demostra que o Metal non vai permitir ningún tipo de recorte de dereitos.
5/11/2008
Un xuíz estima que Margherita Calderazzi foi a “instigadora” desta mensaxe de protesta
CIG-Servizos quere trasladar a súa solidariedade e apoio a Margherita Calderazzi, sindicalista e militante comunista italiana, recentemente condenada a pagar 100.000 euros por ser a “instigadora” dunha pintada contra o patrón de “ILVA spa”, importante empresa de aceiro da cidade de Tarento.
19/8/2008
Os docentes foron represaliados logo de sindicalizárense
A Federación de Químicas e Enerxía da CIG, integrada na Federación Sindical Mundial, remitiu unha carta de apoio as demandas dos 150 mestres de colexios técnicos despedidos en México por sindicalizárense e esixiren os seus dereitos laborais.
10/7/2008
Solidariedade internacionalista
A CIG-Químicas e Enerxía amosou o seu apoio ao Gran Paro Nacional convocado o 9 de xullo en Perú pola CGTP e a Coordinadora Político Social en contra das políticas neoliberais e represivas emprendidas polo Goberno de Alan García. A CIG-Químicas remitiu a súa mensaxe solidaria ás organizacións convocantes da folga e á Federación Sindical Mundial. Tamén lle trasladou a misiva ao propio Goberno peruano.
19/5/2008
Alan García reprime os movementos sociais
A CIG – Químicas e Enerxía, a través do seu secretario nacional, Abelardo Landeira, remitiu unha carta ao resto de sindicatos afiliados á UIS - Enerxía da Federación Sindical Mundial (FSM) na que expresa a solidariedade con Guadalupe Hilario e outros/as activistas campesiños e indíxenas do Perú, encarcerados polo goberno neoliberal de Alan García.