31/7/2008
Realizaranse os días 11 e 18 de agosto
A Sección Sindical da CIG no centro de chamadas da empresa Unísono CRM en Vigo vén de convocar paros na campaña de Orange para os días 11 e 18 de agosto en demanda da reclasificación do persoal do departamento do Servizo Integral de Facturación de Orange.
12/6/2008
Denuncian a perda de dereitos
Os empregados de Telefónica secundaron novamente o 12 de xuño paros de tres horas
e media en cada unha das quendas de traballo para denunciar a intención da
empresa de modificar as condicións salariais do cadro de persoal.
21/5/2008
Estes traballadores realizan xornadas que superan as 12 horas diarias e teñen dispoñibilidade absoluta
O 90% dos Inspectores de Peca Marítima do Estado (IPME) está a secundar desde o 16 de maio os paros parciais indefinidos convocados polas centrais CIG e SAP e aos que se adheriron ELA-Sindicato Vasco e UGT-Galicia. Os IPME esíxenlle á Administración do Estado que regule, dunha vez por todas, os seus postos de traballo.