6/8/2008
Embarcacións sobrepasan os 24 anos de antigüidade na metade das bases marítimas
A CIG denuncia a precariedade dos medios cos que conta en Galiza o Servizo de Vixilancia Aduaneira. En tres das seis bases marítimas do país, as embarcacións sobrepasan os 24 anos de antigüidade e o helicóptero da zona norte tan só dispón de dúas horas de autonomía.
31/7/2008
A UGT impugnara o laudo arbitral polo que se anulaba o acto, a petición da CIG
O xulgado do Social nº 1 de Ourense vén de
publicar a sentenza pola que se anula definitivamente o proceso electoral sindical
do persoal laboral do concello do Carballiño, avalando a impugnación realizada pola
CIG e o consecuente laudo arbitral. Queda así desestimada a demanda da UGT, que
pretendía a revogación dese laudo e a validez do proceso.
2/7/2008
Os combustíbeis aumentaron un 40% e Correos só subiu nun 4% a aportación pola utilización dos coches dos traballadores
Delegados da CIG-Correos de toda Galiza concentraranse en A Coruña o 2 de xullo diante da Delegación do Goberno español para reclamar a actualización dos suplidos por aportación do vehículo para os carteiros das zonas rurais que empregan o seu coche particular no reparto. Estes empregados chegan a pór até 100 euros mensuais do seu peto no desempeño do seu traballo.
25/6/2008
Manifestación, xoves 26 de xuño, ás 11:30 horas, na Praza do Obradoiro
Os delegados sindicais de todos os sindicatos con representación na
Xunta de Persoal funcionario e Comité de Empresa do persoal laboral do Concello
de Santiago, xunto co persoal municipal libre de servizo ou na súa pausa
regulamentaria, veñen de convocar unha manifestación na Praza do Obradoiro para
este xoves, día 26 de xuño, ás 11,30 horas.
20/6/2008
Consideran que a administración segue sen atender as súas demandas
O colectivo de veterinarios da Xunta de Galiza vén de convocar para os
días 24 e 25 de xuño xornadas de folga de 24 horas en demanda dunha mellora
efectiva dos servizos veterinarios da administración e das súas condicións
laborais. Son máis de 600 traballadoras/es que dependen da consellaría de Presidencia,
e desenvolven a súa actividade para as consellarías de Sanidade, Medio Rural,
Pesca e Medio Ambiente.
30/5/2008
Medio centenar de delegados e traballadores mobilizáronse en A Coruña
A CIG – Administración Autonómica prosegue coa campaña de denuncia da amortización inxustificada de 42 postos de traballo que emprendeu a Consellaría de Presidencia. Medio cento de delegados da CIG e traballadores da Xunta concentráronse o 29 de maio diante do Edificio Administrativo de Monelos, en A Coruña. Denuncian que Méndez Romeu botará 42 traballadores coa intención de crear prazas de libre designación para o seu equipo na Secretaría Xeral de Presidencia.