24/11/2008
O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e Ana Lorenzo, de Sinerxia, inauguraron o acto
O venres 21 e o sábado 22 de novembro, o hotel
Tryp-Los Galeones, de Vigo, acolleu as xornadas sobre economía social e
cooperativismo organizadas pola CIG e a Federación de Cooperativas Sinerxia,
coa colaboración da Consellería de Vivenda. Desta ocasión, convidados chegados
de Uruguai, Portugal, Euskadi, Catalunya e Galiza, compartiron experiencias
sobre as alternativas ao sistema capitalista en materia de vivenda e acceso ao crédito. O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, a
Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e Ana Lorenzo Vila, representante de Sinerxia,
foron os encargados de inaugurar as xornadas, ás que asistiron unhas sesenta
persoas que puideron intercambiar experiencias e debater sobre o presente e o
futuro do modelo da economía social.
30/10/2008
Celebraranse en Vigo o 21 e 22 de novembro
Ponentes
de varios países participarán nunhas xornadas organizadas pola CIG e SINERXIA,
coa colaboración da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, coa fin
de achegar á sociedade galega o modelo da economía social, e dar a coñecer
experiencias de cooperativismo en materia de vivenda e crédito.
17/6/2008
Expertos de diferentes nacións compartiron coñecementos neste evento organizado pola CIG
“O cooperativismo é a fórmula que teñen os cidadáns para resolver problemas económicos, sociais e culturais”. Desta forma defendeu as cooperativas como modelo alternativo ás empresas privadas Fernando Parreira, presidente da Federación Nacional de Cooperativas de Consumidores de Portugal (FENACOOP). Parreira foi un dos poñentes que interveu nas "Xornadas Internacionais de Economía Social", que organizou a CIG os días 13 e 14 de xuño en Compostela.
4/6/2008
Os días 13 e 14 de xuño en Compostela
Os días 13 e 14 de xuño terán lugar en Santiago de Compostela as
Xornadas Internacionais de Economía Social organizadas pola CIG en colaboración
coa Federación de Cooperativas SINERXIA.
22/5/2008
13-14 de xuño en Compostela
Ponentes de varios países participarán nunhas xornadas organizadas pola CIG e Sinerxia co fin de achegar á sociedade galega o modelo da economía social, tanto de traballo como de consumo.