24/11/2008
O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e Ana Lorenzo, de Sinerxia, inauguraron o acto
O venres 21 e o sábado 22 de novembro, o hotel
Tryp-Los Galeones, de Vigo, acolleu as xornadas sobre economía social e
cooperativismo organizadas pola CIG e a Federación de Cooperativas Sinerxia,
coa colaboración da Consellería de Vivenda. Desta ocasión, convidados chegados
de Uruguai, Portugal, Euskadi, Catalunya e Galiza, compartiron experiencias
sobre as alternativas ao sistema capitalista en materia de vivenda e acceso ao crédito. O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, a
Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e Ana Lorenzo Vila, representante de Sinerxia,
foron os encargados de inaugurar as xornadas, ás que asistiron unhas sesenta
persoas que puideron intercambiar experiencias e debater sobre o presente e o
futuro do modelo da economía social.
20/11/2008
Presentaranse experiencias de Uruguai, Euskadi, Portugal, Galiza, Italia e Cataluña
Relatores de varios
países participan nunhas xornadas organizadas pola Confederación Intersindical
Galega (CIG) e a Federación de Cooperativas SINERXIA, coa colaboración da
Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e da
FESGA, que teñen como finalidade achegar á sociedade galega o modelo da economía
social, e dar a coñecer experiencias de cooperativismo en materia de vivenda e
crédito.
11/11/2008
Será nesta mesma cidade no Hotel Tryp Los Galeones
O martes 11 de novembro tivo lugar a rolda de prensa de presentación das “Xornadas internacionais sobre economia social (vivenda e crédito)”, que se celebrarán o 21 e 22 de novembro no Hotel Tryp Los Galeones, en Vigo. Estes encontros son os segundos sobre esta temática de cooperativismo que se realizan este ano, organizado conxuntamente pola CIG e a Federación de Cooperativas Sinerxía. A vivenda e o crédito serán os temas principais destas Xornadas.