marco
Artigos de opinión
O pacote do G20 vai conter a crise?
Umberto Martins
Reunida no último sábado (15) em Washington, a cúpula do G20, grupo composto pelas 20 maiores economias do mundo, sugeriu aos que governam o mu...
A dimensão do problema
Eduardo Bomfim
É importante considerar a verdadeira essência dos fenômenos surgidos da crise econômica internacional, originária da farra especulativa nos E...
Acerca da Cimeira de Washington
Julio C. Gambina
Algúns imaxinaron que a Cimeira de Washington sería un “Bretton Woods II”, a imaxe e semellanza do de 1944 cando ao final da segunda guerra ...
Reunião do G20: Um monumento à banalidade
Fernando J. Cardim de Carvalho
A impostura de Obama
Silvia Bermúdez Pérez
A nova esquerda alemã: Die Linke
João Alexandrino Fernandes
convenio do metal
5/11/2008 Chaman a mobilizarse "pola dignidade dos traballadores"
Folga metal I
A folga do día 6 comezará desde as sete da mañá nas portas dos centros do traballo do Metal, afectados polo convenio provincial, con concentracións ás portas das empresas, e que se irán xuntando por zonas para comezar esta xornada de loita. Asi desde a Avenida de Madrid haberá un grupo de piquetes, ao que se lle xuntará a xente de Mos e Puxeiros; desde Alcalde Portanet subindo por Castrelos subirá outro grupo de piquetes, no que irán tamén os folguistas de Vincios e Coruxo. Ademais desde as sete da mañá haberá concentracións nas portas dos distintos estaleiros.
31/10/2008 Ese día serán xulgados catro traballadores do naval, aos que a Fiscalía solicita catro anos de prisión pola folga do 2007 polo cumprimento do convenio
Rolda de prensa folgametal6nov
Nunha rolda de prensa, celebrada o venres 31 de outubro no local sindical da CIG de Vigo, deuse a coñecer a convocatoria de folga para todos aqueles traballadores aos que se lles aplique o convenio provincial do Metal de Pontevedra. Estes máis de 22.000 traballadores están chamados á folga contra a represión sindical, xa que nesa data van ser xulgados catro traballadores do Metal, que no 2007 estiveron case quince días en folga para que se cumprira o convenio. A Fiscalía solicita catro anos de cárcere para estes catro folguistas. Ademais con esta folga, a CIG tamén quere denunciar a situación de precariedade que continúa a existir no sector.
25/9/2008 Apostan por un convenio único e dun ano
asemblea metal setembro I
O mércores 24 de setembro desde ás dez e media da mañá reuníronse no salón de actos da CIG de Vigo máis de 180 delegados do sector do metal da comarca de Vigo. Nesta xuntanza analizáronse as condicións ás que se enfronta o sector, diante da negociación do convenio do metal no próximo semestre do seguinte ano, entre outras cuestións.
23/5/2008 A patronal recúa nas súas propostas
Concentración Metal Ourense 22 maio
As seis da tarde delegados e traballadores do metal da CIG de Ourense concentrábanse diante da Confederación de Empresarios de Ourense, onde tiña lugar unha nova xuntanza da Comisión Negociadora do Convenio Provincial do Metal de Ourense. Grazas á presión da CIG, a patronal retirou en boa medida a proposta de traballar os sábados.