27/11/2008
Prosegue a desfeita medioambiental na ría
Representantes da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo rexistraron o 27 de novembro un escrito no Edificio Administrativo de Monelos no que demandan entrevistarse co conselleiro de Medio Ambiente e cos alcaldes dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.
23/6/2008
A plataforma convocante da marcha do 21 de xuño organiza unha nova manifestación para setembro
Cidadáns de A Coruña e da comarca secundaron a manifestación que o pasado 21 de xuño percorreu varias rúas céntricas da cidade en demanda da rexeneración da Ría do Burgo. A “Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo”, entidade organizadora da marcha, convoca unha nova manifestación para o 20 de setembro.
23/5/2008
O colectivo presentou 17.000 sinaturas ante a Xunta
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, entidade na que está integrada a CIG coruñesa, organiza unha manifestación que percorrerá as rúas da cidade o 21 de xuño. A marcha, que reivindica o saneamento da Ría e a fin dos vertidos, partirá ese día ás 19:30 horas desde a Praza da Palloza até a Delegación do Goberno español (Praza de Ourense).