5/9/2008
A un ano do accidente mortal no Carballiño
Un ano despois do gravísimo accidente nas obras do AVE, no que faleceu un
traballador e outros catro resultaron feridos cando se derrubou un importante
tramo do viaduto en Pol, O Carballiño, aínda segue habendo puntos escuros na
resolución definitiva do proceso xudicial e, o que aínda é pior, non se
adoptaron as medidas de prevención que garantan a seguridade dos
traballadores, o que ten producido, aínda nestes días, novos accidentes e
incidentes.
27/5/2008
Esta empresa de ambulancias obrigou un condutor a traballar como padioleiro pese a que sabía que padecía de hernia discal
A CIG Transporte presentou, o 27 de maio no Palacio de Xustiza de A Coruña, un escrito na Fiscalía contra o encargado e o xerente da empresa de ambulancias “Servicios Sanitarios de La Coruña”, ao estimar que son autores dun delito de lesións por imprudencia e doutro de risco.