1/8/2008
Reincorporaranse aos seus postos de traballo o 4 de agosto
O luns día 4 de agosto reincorpóranse aos
seus postos de traballo as traballadoras da exposición permanente Galicia Dixital
que foran despedidas o pasado mes de maio tras pasar a xestionar a mostra a
nova concesionaria, Telecyl S.A. Foron necesarios máis de dous meses de constantes
mobilizacións para que se chegara a un acordo e foran readmitidas.
26/6/2008
Consideran indignante que Touriño diga estar preocupado polo emprego feminino pero as ignore
As traballadoras de Galicia Dixital volveron a concentrarse diante das instalacións
desta exposición permanente, na Praza da Inmaculada en Compostela para,
posteriormente marchar cara o edificio administrativo da Xunta de Galiza en San
Caetano. Denuncian que a concesionaria depende da Secretaría Xeral de
Comunicación, que a súa vez depende de Presidencia, pero que Touriño, máis alá
de utilizar o tema do emprego feminino nos discursos non fai esforzo algún por
solucionar a súa situación.
29/5/2008
Ante a negativa da administración a dar a unha solución aos despedimentos
Esta mañá un grupo de sindicalistas da CIG realizou un peche simbólico no despacho do Subdirector Xeral de Comunicación Audiovisual, nos edificios da Xunta en San Caetano, como protesta polo despedimento de todo o cadro de persoal da exposición permanente "Galicia Dixital". O peche mantívose por unha media hora até que os sindicalistas foron desaloxados por membros da Policia Autonómica tras ser identificados.
22/5/2008
Sen resposta da Secretaría Xeral de Comunicación e de Presidencia
A Secretaría Xeral de Comunicación, dependente
da consellaría de Presidencia, mantén un sonoro silencio fronte as demandas de
readmisión das traballadoras despedidas da exposición Galicia Dixital. Entre
mentres, elas continúan a mobilizarse en demanda da readmisión, logo de oito
anos de traballo continuado nesta mostra.
15/5/2008
Exixen a súa readmisión inmediata para recuperar os seus postos de traballo
As traballadoras de Galicia Dixital co apoio
da CIG-Servizos, amenizaron a estancia do Presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, a golpe de tambor, durante o acto de celebración do Día das Letras
Galegas 2008, que tivo lugar na mañá deste xoves día 15 de maio, na Casa-Museo
de Rosalía de Castro en Padrón.
13/5/2008
Incúmprese así a obriga de subrogación, que debe garantir a administración pública
O pasado día 2 de maio, as 11 traballadoras da
exposición Galicia Dixital, dependente da Dirección Xeral de Comunicación
Audiovisual (consellaría de Presidencia), que levaban 8 anos prestando servizos para
as diferentes empresas concesionarias encargadas da mostra, foron despedidas. Así
o denunciaba en rolda de prensa Roberto Alonso, secretario comarcal de
CIG-Servizos, quen anunciou inminentes mobilizacións e reclamou unha solución inmediata.