23/7/2008
Mellora as condicións laborais de arredor de 10.000 traballadores
CIG e UGT, que
contan co 60% da representación sindical na Xunta de Galiza, asinaron o pasado martes día 22 de xullo o V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, tras
catro anos de difíciles negociacións con dous gobernos diferentes. Desde a CIG
Autonómica valórase moi positivamente o acordo porque mellora substancialmente
as condicións laborais dos arredor de 10.000 traballadores afectados por este
convenio, nomeadamente os do servizo de extinción de incendios forestais.
30/5/2008
Medio centenar de delegados e traballadores mobilizáronse en A Coruña
A CIG – Administración Autonómica prosegue coa campaña de denuncia da amortización inxustificada de 42 postos de traballo que emprendeu a Consellaría de Presidencia. Medio cento de delegados da CIG e traballadores da Xunta concentráronse o 29 de maio diante do Edificio Administrativo de Monelos, en A Coruña. Denuncian que Méndez Romeu botará 42 traballadores coa intención de crear prazas de libre designación para o seu equipo na Secretaría Xeral de Presidencia.