15/9/2008
Están en folga desde o 10 de setembro
Os traballadores de Extraco, empresa que se ocupa do mantemento e Conservación das Estradas do Sur de Pontevedra mediante concesión por concurso público da Consellería de Política Territorial, están en folga dende o 10 de setembro porque a empresa se nega a cumprir o pacto acadado despois dun largo conflito, mediante o cal acordábase, entre outras cousas, que a traballadora que realiza as funcións administrativas tería xornada continuada (de 8 a 16 horas), para poder levar ao seu fillo pequeno á gardería.
24/6/2008
TRabállanse sábados e domingos tamén
A Confederación Intersindical Galega en Ourense vén de presentar denuncia ante a
Inspección de Traballo contra as empresas que participan na construción do AVE na
comarca de O Carballiño deica o límite das provincias de Ourense e Pontevedra.
17/6/2008
A medida, entre múltiples aspectos negativos, impediría a conciliación entre a vida familiar e o traballo
A Secretaría da Muller da CIG únese ás críticas contra a reforma da directiva de Tempo de Traballo, aprobada a semana pasada polos ministros de Emprego da UE, que pretende ampliar a 65 horas o número máximo de horas que comprenden a xornada laboral. A medida, para a súa entrada en vigor, aínda ten que ser debatida e aprobada no Parlamento europeo.
11/6/2008
A medida desenmascara a falacia da “Europa social”
A CIG considera inaceptábel e completamente regresiva a proposta acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas. Esta medida, que nos retrotrae até comezos do século XX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos asalariados. O sindicato nacionalista aposta pola mobilización para facer fronte a este ataque contra a clase traballadora.