marco
Artigos de opinión
A guerra pra manter hexemonías
Manuel Mera
A mini guerra polo control de Osetia do Sul rematou cunha derrota de Xeorxia, despois da decisión suicida do seu presidente, o pro norteamericano ...
Barack Obama e o poder de internet
Altamiro Borges
Para todos os que encaram as eleições de 2008 como decisivas no longo processo de acumulação de forças do campo popular e democrático, o tex...
Colômbia, laboratório de bruxarias: Democracia e terrorismo de Estado
James Petras
O livro recente de Hernando Calvo Ospina, Colombia, Laboratorio de Embrujos: Democracia y Terrorismo del Estado [1] é o mais importante estudo da...
neoliberalismo
10/7/2008 Solidariedade internacionalista
Logo Químicas
A CIG-Químicas e Enerxía amosou o seu apoio ao Gran Paro Nacional convocado o 9 de xullo en Perú pola CGTP e a Coordinadora Político Social en contra das políticas neoliberais e represivas emprendidas polo Goberno de Alan García. A CIG-Químicas remitiu a súa mensaxe solidaria ás organizacións convocantes da folga e á Federación Sindical Mundial. Tamén lle trasladou a misiva ao propio Goberno peruano.
27/6/2008 Convocaranse mobilizacións para a primeira quincena de novembro
Suso Seixo 27/06/08
A CIG vén de anunciar a posta en marcha dunha campaña dirixida a explicar as causas da actual crise económica e en demanda da aplicación de medidas que garantan as condicións de vida da clase traballadora, que favorezan realmente aos sectores produtivos e que posibilten maior autogoberno para Galiza. Unha campaña que se quere facer chegar a todas as organizacións do nacionalismo para poder dar unha resposta común ante unha crise que vai afectar á maioría da poboación.
25/6/2008 Considera alarmante e antidemocrático que se impedira o seu debate social
Tratado de Lisboa. Cerimonia de asinamento.
O Congreso dos Deputados aprobaba, este xoves 26 de xuño, o proxecto de Lei Orgánica polo que se autoriza a ratificación do Tratado de Lisboa, cos votos a favor do PSOE, PP, CIU, PNV e Coalición Canaria. Só votaron en contra o BNG, ERC e IU e abstivéronse ICV e Na-Bai. Para a CIG é alarmante que se teña furtado a posibilidade de debater sobre os contidos dun texto do que apenas se deu información a poboación e antidemocrático que se teña optado pola vía parlamentaria e non polo referendo para a súa ratificación. A CIG lembra que estaba prevista a ratificación deste Tratado no Congreso tras das vacacións e critica que se adiantara facéndoo coincidir coa Eurocopa, para desviar a atención cara o fútbol, como se facía en tempos pasados.
17/6/2008 A medida, entre múltiples aspectos negativos, impediría a conciliación entre a vida familiar e o traballo
Faixa da Secretaría da Muller 2002
A Secretaría da Muller da CIG únese ás críticas contra a reforma da directiva de Tempo de Traballo, aprobada a semana pasada polos ministros de Emprego da UE, que pretende ampliar a 65 horas o número máximo de horas que comprenden a xornada laboral. A medida, para a súa entrada en vigor, aínda ten que ser debatida e aprobada no Parlamento europeo.
11/6/2008 A medida desenmascara a falacia da “Europa social”
Mobilización
A CIG considera inaceptábel e completamente regresiva a proposta acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas. Esta medida, que nos retrotrae até comezos do século XX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos asalariados. O sindicato nacionalista aposta pola mobilización para facer fronte a este ataque contra a clase traballadora.
15/5/2008 Participou nunha xornada de formación da CIG celebrada en abril
Xornadas economía abril 08
O catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, Xavier Vence, presentaba unha análise sobre a crise do modelo neoliberal, no seo dunha xornada de formación organizada pola CIG a mediados do mes de abril. Vence presentaba tamén unha serie de propostas alternativas para abrir o debate sobre a necesidade dun cambio de modelo económico. Dado o seu interese, reproducimos, a continuación, a súa intervención íntegra.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS