11/12/2008
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría prima os criterios económicos por riba dos educativos
A CIG-Ensino informou de que a Consellería de
Educación estase negando a cubrir todas aquelas baixas do profesorado que se
están producindo desde o día 10 de decembro e que se produzan até o ano 2009. Dende a Federación quérese denunciar que están a prevalecer
os criterios económicos por riba dos educativos.
25/9/2008
CIG-Ensino promove escritos en demanda do persoal necesario
A CIG-Ensino está
promovendo escritos dos centros educativos dirixidos á Consellaría esixindo que
se dote aos centros do profesorado necesario e continúa a denunciar que, neste
comezo de curso, se aprecia un importante recorte de profesorado e unha
deficiente resposta á reclamación dos centros, prexudicando de xeito grave a
calidade do ensino. Neste intre son máis de 300 centros os que non ven cubertas
as súas necesidades.
3/7/2008
O contencioso - administrativo inclúe tamén outras materias optativas no bacharelato
A CIG-Ensino vén de presentar un recurso contencioso administrativo ante o Tibunal Superior de Xustiza de Galiza en contra da Orde do 25 de xuño de 2008 (DOG do 27 de xuño) que estabelece a relación e o currículo das materias
optativas do Bacharelato.
20/6/2008
CIG-Ensino continuará a defender a súa reforma
O Consello da Xunta aprobou o Decreto de Bacharelato no Consello da Xunta
sen proceder a rectificar as graves carencias que posúe e mesmo os seus erros
manifestos, que obrigarán en breve a ter que modificar o seu contido, que foi froito
de atender as presións de intereses alleos ao ensino, como é o caso da
xerarquía da igrexa, no canto de escoitar as demandas da comunidade educativa.
19/6/2008
CIG-Ensino cualifica a actitude da consellaría de “ineptitude” e “autoritarismo”
A Consellaría de Educación vai clausurar o curso o
día 20 e vén de abrir a matrícula para o Bacharelato. Porén, aínda non ten
aprobado o novo Decreto do currículo polo que se vai ordenar o Bacharelato para
o curso vindeiro. Esta situación agrávase, aínda máis, porque o propio proxecto
de Decreto derroga a Orde que regula as optativas e a Consellaría non presenta,
nin sequera, o borrador dunha nova.
13/6/2008
A CIG-Ensino esixe que a Consellaría de Educación cese Mario Juíz
O Xulgado do Contencioso - Administrativo nº 1 de A Coruña ditou unha sentenza que obriga a Consellaría de Educación a incoar un expediente disciplinario ao director do IES Paseo das Pontes, Mario Juíz López, por tolerar que un grupo de alumnos insultase gravemente unha profesora do centro. A CIG-Ensino solicita da Consellaría a apertura de expediente e o cesamento inmediato de Mario Juíz.