4/12/2008
Hai tres anos que se iniciou o conflito
Os mariscadores, percebeiros e mariñeiros de baixura afectados polas obras do porto exterior coruñés, situadas en Punta Langosteira (Arteixo), aínda non cobraron as indemnizacións polo cesamento forzoso da súa actividade nesa zona. Os damnificados retomaron o 4 de decembro as protestas cunha concentración diante da Autoridade Portuaria.
21/11/2008
O Porto coruñés consente a temporalidade laboral nas obras da dársena exterior
Integrantes da CIG e do comité de empresa da UTE-Langosteira trasladaron as súas protestas até a sede da Autoridade Portuaria coruñesa. Este ente público é o contratante das obras da dársena exterior onde foron despedidos oito obreiros recentemente.
11/11/2008
CIG e comité esixen a readmisión dos operarios
Integrantes do comité de empresa da UTE-Langosteira (encargada da construción do porto exterior da Coruña) e membros da CIG cortaron, desde as 07:00 até as 09:30 horas do 11 de novembro, os accesos ás obras da nova dársena e retrasaron a incorporación da quenda da mañá hora e media, en protesta polo despedimento de oito obreiros.
1/8/2008
Un operario resulta ferido despois de recibir unha descarga eléctrica
Un obreiro da UTE-Langosteira resultou ferido nun accidente ocorrido nas obras do porto exterior contra as 23:00 horas do 31 de xullo. O operario, condutor de camión, caeu cara atrás tras recibir unha descarga eléctrica cando, por orde do encargado, estaba a limpar cunha mangueira o seu vehículo, que estaba situado xusto enriba dun cadro eléctrico.
9/7/2008
Houbo un fallo real nas medidas de seguridade no accidente da noite do 8 de xullo
Técnicos da CIG xa advertiran a Inspección de Traballo, o 8 de maio, do altísimo ritmo de traballo nas obras do porto exterior coruñés, da falta de medidas de seguridade, nomeadamente nas subcontratas, e do risco moi elevado de caídas de operarios ao mar nos labores de recheo. A denuncia na Inspección interposta pola central tralo último accidente en Punta Langosteira, acontecido na madrugada do 8 de xullo, supuxo a paralización da actividade na zona do sinistro.
30/6/2008
Os afectados polas obras do porto exterior concéntranse diante da Autoridade Portuaria
Medio cento de mariñeiros e percebeiros afectados polas obras do porto exterior de A Coruña concentrouse na mañá do 30 de xuño ás portas da sede da Autoridade Portuaria para demandar o pagamento inmediato das indemnizacións polo cesamento forzoso da súa actividade en Punta Langosteira.