marco
Artigos de opinión
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
Todo indica que o ano 2009 será o de todos os perigos. Porque agoniza unha era, a do neoliberalismo, e comeza, ás apalpadelas, un novo paradigma...
Muntazer Al Zaidi, lección de dignidade
Silvia Bermúdez Pérez
“Este é o noso bico de despedida, can!”. Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush ...
AVE
17/11/2008 Durante os primeiros nove meses do ano rexistráronse 181 accidentes máis que no 2007
obras ave ourense1
A CIG de Ourense vén de denunciar que a provincia continúa a estar á cabeza nos datos oficiais referidos á sinistralidade laboral, en contra da tendencia á redución que se rexistra no resto de Galiza. Nos nove primeiros meses de 2008 contabilizáronse 181 accidentes durante a xornada de traballo, o que representa un incremento do 5,49% fronte á media galega, situada no 0,05%.
5/9/2008 A un ano do accidente mortal no Carballiño
accidente AVE carballiño 2007
Un ano despois do gravísimo accidente nas obras do AVE, no que faleceu un traballador e outros catro resultaron feridos cando se derrubou un importante tramo do viaduto en Pol, O Carballiño, aínda segue habendo puntos escuros na resolución definitiva do proceso xudicial e, o que aínda é pior, non se adoptaron as medidas de prevención que garantan a seguridade dos traballadores, o que ten producido, aínda nestes días, novos accidentes e incidentes.
10/7/2008 Aseguran que é igual ou peor que cando se produciu o accidente en setembro de 2007
Accidente AVE
A federación de Construción denuncia que a situación dos traballadores das obras do Tren de Alta Velocidade no tramo onde se produciu o accidente en setembro de 2007, é a mesma, ou se cabe peor que daquela. Aseguran que nestes momentos están a traballar en quendas de 12 horas continuadas e no momento de facer os empurres nos tramos do viaduto, as xornadas prorróganse moito máis.
24/6/2008 TRabállanse sábados e domingos tamén
Accidente AVE
A Confederación Intersindical Galega en Ourense vén de presentar denuncia ante a Inspección de Traballo contra as empresas que participan na construción do AVE na comarca de O Carballiño deica o límite das provincias de Ourense e Pontevedra.
18/6/2008 Denuncian a manipulación informativa e responsabilizan ao Presidente da Xunta do conflito
Por un cambio de trazado 1
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica, xunto con representantes das organizacións sindicais CIG e UGT, denunciaron -na rolda de prensa que se convocou na propia mina- a actitude do Presidente da Xunta, a quen responsabilizan do conflito e de negarse sequera a dialogar. Unha rolda de prensa atípica na que os traballadores, coa súa masiva presenza, quixeron deixar constancia de que se están alí é porque queren e que ninguén lles di como, cando, onde e por que teñen que mobilizarse, ademais de denunciar a manipulación informativa da que foron obxecto nos últimos días por parte de certos medios de comunicación.
17/6/2008 A CIG de Ourense exixe máis sancións
Accidente AVE
O secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, considera que o informe da Delegación de Traballo sobre o accidente laboral acontecido no viaduto do AVE no Carballiño servirá para levar ao rego o enfoque xudicial do proceso emprendido contra as empresas construtoras, xa que sinala a falta de seguridade como causa do sinistro que custou a vida a un traballador e no que resultaron feridos graves outros catro, mais criticou “a insuficiente multa imposta por Traballo”.