28/8/2008
Traballadores protestan na visita do presidente do Goberno español
Operarios da mina de Serrabal e das factorías de Ferroatlántica de Cee e Sabón protagonizaron un acto de protesta coincidindo coa visita do presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, a un dos tramos nos que se está a construír o TAV en Boqueixón.
27/2/2008
Touriño prefire ir aos actos electorais que cumprir os compromisos adquiridos con eles
O frío e a chuvia destes últimos días de febreiro acompaña aos traballadores de Serrabal e Ferroatlántica que, malia as inclemencias meteorolóxicas, continúan a facer quendas para manter a acampada diante do edificio da Xunta de Galiza en San Caetano, tal e como dixeron que farían, até cando menos o final da campaña. Entre mentres, Touriño segue coa súa axenda electoral, como se a cousa non fora con el.
23/2/2008
Hai meses xa advertiran que, de non ser atendidas as súas peticións, eles tamén entrarían en campaña
Tras percorrer as rúas compostelás en manifestación, os traballadores de Ramsa, empresa concesionaria da explotación da mina de Serrabal, e dos centros de Ferroatlántica de Cee-Dumbría e Sabón cumpriron o seu compromiso de acampar diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade (TAV) ao seu paso pola explotación mineira e en defensa dos postos de traballo.