marco
Artigos de opinión
O pacote do G20 vai conter a crise?
Umberto Martins
Reunida no último sábado (15) em Washington, a cúpula do G20, grupo composto pelas 20 maiores economias do mundo, sugeriu aos que governam o mu...
A dimensão do problema
Eduardo Bomfim
É importante considerar a verdadeira essência dos fenômenos surgidos da crise econômica internacional, originária da farra especulativa nos E...
Acerca da Cimeira de Washington
Julio C. Gambina
Algúns imaxinaron que a Cimeira de Washington sería un “Bretton Woods II”, a imaxe e semellanza do de 1944 cando ao final da segunda guerra ...
Reunião do G20: Um monumento à banalidade
Fernando J. Cardim de Carvalho
A impostura de Obama
Silvia Bermúdez Pérez
A nova esquerda alemã: Die Linke
João Alexandrino Fernandes
indemnizacións
7/11/2008 Esta empresa da pedra botara 30 operarios na súa planta de Guitiriz
Sentenza Ingemarga
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) declarou improcedentes os 30 despedimentos de operarios da planta de Ingemarga en Guitiriz que foran botados pola empresa por negárense a traballar as fins de semana. O fallo xudicial ordena Ingemarga a readmitilos nos seus postos co conseguinte abono dos salarios de tramitación. De non aceptar esta opción, a empresa tería que indemnizalos e desembolsar preto dun millón de euros.
21/8/2008 As indemnizacións ascenden a 50.000 euros
Ullacargo non paga indemnizacións
Sete traballadores despedidos da empresa de transportes “Ullacargo” aínda non cobraron as indemnizacións, que ascenden a un total de 50.000 euros, pese a que perderon o seu posto hai xa máis de dous meses. De non haber unha resposta inmediata as súas demandas, os operarios protestarán diariamente, en Bens (A Coruña), fronte ás instalacións de “CLH”, empresa de almacenamento de hidrocarburos que é un dos principais provedores de “Ullacargo”.
30/6/2008 Os afectados polas obras do porto exterior concéntranse diante da Autoridade Portuaria
Concentración afectados Punta Langosteira na Autoridade Portuaria
Medio cento de mariñeiros e percebeiros afectados polas obras do porto exterior de A Coruña concentrouse na mañá do 30 de xuño ás portas da sede da Autoridade Portuaria para demandar o pagamento inmediato das indemnizacións polo cesamento forzoso da súa actividade en Punta Langosteira.
19/6/2008 A Autoridade Portuaria de A Coruña demora deliberadamente a sinatura do convenio para compensar o sector
Afectados Punta Langosteira
A Comisión de mariñeiros, percebeiros e mariscadores afectados polas obras do porto exterior de A Coruña anunciou que o colectivo retomará as mobilizacións no caso de que a Autoridade Portuaria non fixe unha data para o pago das indemnizacións aos damnificados, 200 profesionais do mar, polo cesamento forzoso da súa actividade en Punta Langosteira.