28/8/2008
Traballadores protestan na visita do presidente do Goberno español
Operarios da mina de Serrabal e das factorías de Ferroatlántica de Cee e Sabón protagonizaron un acto de protesta coincidindo coa visita do presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, a un dos tramos nos que se está a construír o TAV en Boqueixón.
24/7/2008
Rexistraron escritos dirixidos ao Presidente, Vicepresidente e conselleiros implicados
Traballadores e traballadoras de Serrabal e
Ferroatlántica participaron este xoves 24 de xullo nunha concentración
convocada para demandar os informes técnicos encargados polo ADIF nos que se
avalía o impacto tanto ambiental como económico do trazado do AVE ao seu paso
pola mina de Serrabal, e a súa entrega inmediata tanto aos Comités de Empresa como
ao Parlamento de Galiza. Unha vez máis reiteraron a súa exixencia de cambio de
trazado.
10/7/2008
Se ten os informes de impacto debe facelos públicos e se non os ten é insensato comezar as obras na mina
A CIG considera que
a entrada dos técnicos do ADIF, escoltados por máis de 150 membros das forzas
de seguridade, entre antidisturbios da Garda Civil e de seguridade privada, é
unha operación de propaganda enmarcada na precampaña electoral do PSOE e do
propio Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para dar a imaxe de que as
obras do Tren de Alta Velocidade avanzan e que se cumprirán os prazos
previstos.
18/6/2008
Denuncian a manipulación informativa e responsabilizan ao Presidente da Xunta do conflito
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica,
xunto con representantes das organizacións sindicais CIG e UGT, denunciaron -na
rolda de prensa que se convocou na propia mina- a actitude do Presidente da
Xunta, a quen responsabilizan do conflito e de negarse sequera a dialogar. Unha
rolda de prensa atípica na que os traballadores, coa súa masiva presenza, quixeron
deixar constancia de que se están alí é porque queren e que ninguén lles di
como, cando, onde e por que teñen que mobilizarse, ademais de denunciar a
manipulación informativa da que foron obxecto nos últimos días por parte de
certos medios de comunicación.
6/6/2008
Acordarán o calendario de mobilizacións nunha xuntanza o vindeiro martes
A primeiras horas da mañá do xoves 5 de xuño, traballadores da mina de Serrabal e das plantas de Ferroatlántica de Cee e Sabón concentrábanse no banco cero da mina para intentar evitar o topografiado do terreo a partir do cal darían comezo as obras do TAV. Na mañá deste luns día 9 de xuño repetían a concentración e impedían novamente que os técnicos do ADIF tomasen posesión dos terreos, aínda que saben que nos días seguintes regresarán. Por iso xa anunciaron que continuarán coas concentracións e coa demanda de cambio de trazado malia a cada vez maior presenza policial.
23/4/2008
Percorreron andando os 16 quilómetros que hai entre a entrada da mina e Compostela
Ás oito da mañá do martes 22 de abril, os
traballadores da mina de Serrabal e das plantas de Ferroatlántica en Cee e
Sabón, comezaban a súa andaina cara o Parlamento de Galiza desde San pedro de
Vilanova, en Vedra, onde están os aceso á mina. Unha marcha de 16 quilómetros
en demanda do cambio de trazado do TAV e do cumprimento do acordo parlamentario
‘unánime’ do pasado 27 de xuño de 2007.