11/11/2008
CIG e comité esixen a readmisión dos operarios
Integrantes do comité de empresa da UTE-Langosteira (encargada da construción do porto exterior da Coruña) e membros da CIG cortaron, desde as 07:00 até as 09:30 horas do 11 de novembro, os accesos ás obras da nova dársena e retrasaron a incorporación da quenda da mañá hora e media, en protesta polo despedimento de oito obreiros.
1/8/2008
Un operario resulta ferido despois de recibir unha descarga eléctrica
Un obreiro da UTE-Langosteira resultou ferido nun accidente ocorrido nas obras do porto exterior contra as 23:00 horas do 31 de xullo. O operario, condutor de camión, caeu cara atrás tras recibir unha descarga eléctrica cando, por orde do encargado, estaba a limpar cunha mangueira o seu vehículo, que estaba situado xusto enriba dun cadro eléctrico.
24/6/2008
A central nacionalista posúe 8 dos 9 delegados
A CIG conseguiu os catro representantes que estaban en liza nas eleccións sindicais celebradas entre os traballadores da UTE-Langosteira para a ampliación do comité de empresa. A estes novos delegados hai que sumarlle os outros catro que ten o sindicato nacionalista no órgano de representación dos obreiros contratados pola Unión Temporal de Empresas encargada da construción do porto exterior coruñés.