A comarca da CIG de Vigo deseñou unha campaña de información e denuncia sobre a situación de riscos laborais que existen durante o período do embarazo e a lactación natural. O martes 24 de xuño ás once e media da mañá realizabase a presentación da mesma diante dos medios de comunicación.