marco
Artigos de opinión
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
Todo indica que o ano 2009 será o de todos os perigos. Porque agoniza unha era, a do neoliberalismo, e comeza, ás apalpadelas, un novo paradigma...
Muntazer Al Zaidi, lección de dignidade
Silvia Bermúdez Pérez
“Este é o noso bico de despedida, can!”. Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush ...
Eduardo Álvarez
25/6/2008 Celebrouse a repetición do xuízo contra o secretario comarcal da CIG–Ensino, Eduardo Álvarez
Repetición do xuízo contra o secretario comarcal da CIG-Ensino en A Coruña 1
A vista contra Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, denunciado polo xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, por unhas supostas inxurias contra este, repetiuse o 25 de xuño no Xulgado de Instrución número 4 da cidade. No decurso da vista, Fraga Mandián chegou a manifestar a súa intención de seguir empregando o topónimo ilegal “La Coruña”: “No tengo ningún rubor en utilizar la ilegalidad `La Coruña´”, dixo.
25/1/2008 Eduardo Álvarez fora condenado a pagarlle unha indemnización de 5.000 euros ao xuíz decano por unhas presuntas inxurias
A Audiencia Provincial de A Coruña declarou a nulidade radical de actuacións do xuízo de faltas no que Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino de A Coruña, fora condenado a pagar unha multa de 200 euros e a indemnizar con 5.000 ao xuíz decano da cidade, Antonio Fraga Mandián, en concepto de danos morais por unhas presuntas inxurias. A vista oral terase que repetir.
13/8/2007 O secretario comarcal da CIG-Ensino recorre esta sentenza por entender que se conculcaron dereitos fundamentais
Eduardo Álvarez
Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, foi condenado a pagar 200 euros de multa e 5.000 de indemnización ao xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, logo de que este o denunciase por unhas presuntas inxurias. Eduardo Álvarez recorreu o fallo esta mesma mañá e solicita a súa absolución ou, subsidiariamente, a nulidade da sentenza coa conseguinte repetición da vista oral, ao térense conculcado gravemente dereitos fundamentais.
19/7/2007 A xuíza negou as probas testificais propostas polo sindicalista e a posibilidade deste de interrogar a testemuña da acusación
Concentración de apoio a Eduardo Álvarez
Ficou visto para sentenza o xuízo contra Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, acusado dunha falta de inxurias polo xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián. Álvarez asegurou estar “profundamente decepcionado coa actuación da Xustiza” e denunciou a súa indefensión durante a vista.
14/2/2007 Dúas persoas discriminadas polo uso do idioma denuncian os seus casos ante o Consejo General del Poder Judicial
O titular do Xulgado do Social número 3 d´A Coruña e mailo Xuíz-Decano deste mesmo partido xudicial protagonizaron casos de discriminación e de conculcación dos dereitos lingüísticos de galegofalantes. Os feitos xa se denunciaron no Consejo General del Poder Judicial.