30/6/2008
Pregúntase como é posíbel que os xuíces manifestan sen pudor que incumpren as normas que queren
A Mesa pola
Normalización Lingüística vai presentar unha denuncia perante o Consello Xeral
do Poder Xudicial contra o xuíz decano da Coruña, quen nun xuízo celebrado esta
semana declarou: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo ‘La
Coruña’”, facendo así apoloxía da desobediencia da legalidade, especialmente
grave ao se tratar dun maxistrado, quen non debería guiarse por ningún outro
criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei.
25/6/2008
Celebrouse a repetición do xuízo contra o secretario comarcal da CIG–Ensino, Eduardo Álvarez
A vista contra Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, denunciado polo xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, por unhas supostas inxurias contra este, repetiuse o 25 de xuño no Xulgado de Instrución número 4 da cidade. No decurso da vista, Fraga Mandián chegou a manifestar a súa intención de seguir empregando o topónimo ilegal “La Coruña”: “No tengo ningún rubor en utilizar la ilegalidad `La Coruña´”, dixo.
25/1/2008
Eduardo Álvarez fora condenado a pagarlle unha indemnización de 5.000 euros ao xuíz decano por unhas presuntas inxurias
A Audiencia Provincial de A Coruña declarou a nulidade radical de actuacións do xuízo de faltas no que Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino de A Coruña, fora condenado a pagar unha multa de 200 euros e a indemnizar con 5.000 ao xuíz decano da cidade, Antonio Fraga Mandián, en concepto de danos morais por unhas presuntas inxurias. A vista oral terase que repetir.
13/8/2007
O secretario comarcal da CIG-Ensino recorre esta sentenza por entender que se conculcaron dereitos fundamentais
Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, foi condenado a pagar 200 euros de multa e 5.000 de indemnización ao xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, logo de que este o denunciase por unhas presuntas inxurias. Eduardo Álvarez recorreu o fallo esta mesma mañá e solicita a súa absolución ou, subsidiariamente, a nulidade da sentenza coa conseguinte repetición da vista oral, ao térense conculcado gravemente dereitos fundamentais.
19/7/2007
A xuíza negou as probas testificais propostas polo sindicalista e a posibilidade deste de interrogar a testemuña da acusación
Ficou visto para sentenza o xuízo contra Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, acusado dunha falta de inxurias polo xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián. Álvarez asegurou estar “profundamente decepcionado coa actuación da Xustiza” e denunciou a súa indefensión durante a vista.
14/2/2007
Dúas persoas discriminadas polo uso do idioma denuncian os seus casos ante o Consejo General del Poder Judicial
O titular do Xulgado do Social número 3 d´A Coruña e mailo Xuíz-Decano deste mesmo partido xudicial protagonizaron casos de discriminación e de conculcación dos dereitos lingüísticos de galegofalantes. Os feitos xa se denunciaron no Consejo General del Poder Judicial.