30/6/2008
Pregúntase como é posíbel que os xuíces manifestan sen pudor que incumpren as normas que queren
A Mesa pola
Normalización Lingüística vai presentar unha denuncia perante o Consello Xeral
do Poder Xudicial contra o xuíz decano da Coruña, quen nun xuízo celebrado esta
semana declarou: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo ‘La
Coruña’”, facendo así apoloxía da desobediencia da legalidade, especialmente
grave ao se tratar dun maxistrado, quen non debería guiarse por ningún outro
criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei.
25/6/2008
Celebrouse a repetición do xuízo contra o secretario comarcal da CIG–Ensino, Eduardo Álvarez
A vista contra Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, denunciado polo xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, por unhas supostas inxurias contra este, repetiuse o 25 de xuño no Xulgado de Instrución número 4 da cidade. No decurso da vista, Fraga Mandián chegou a manifestar a súa intención de seguir empregando o topónimo ilegal “La Coruña”: “No tengo ningún rubor en utilizar la ilegalidad `La Coruña´”, dixo.
14/2/2007
Dúas persoas discriminadas polo uso do idioma denuncian os seus casos ante o Consejo General del Poder Judicial
O titular do Xulgado do Social número 3 d´A Coruña e mailo Xuíz-Decano deste mesmo partido xudicial protagonizaron casos de discriminación e de conculcación dos dereitos lingüísticos de galegofalantes. Os feitos xa se denunciaron no Consejo General del Poder Judicial.