O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza da a razón á CIG ditando 56 sentenzas nas que se lles recoñece o dereito á aplicación de coeficientes redutores da idade de xubilación (anticipo da mesma) aos traballadores das Industrias de Transformación do Granito. Estes fallos xudiciais abren ás portas a novas expectativas no sector e “son unha chamada de atención ao Poder Executivo, que vai por detrás neste caso do Xudicial”
Se no pasado mes de abril a CIG denunciaba a actitude de absoluto desprezo das
Mútuas cos enfermos de silicose, e daba a coñecer publicamente como a
coñecida “MC Mutual” se ensañaba cun traballador diagnosticado de silicose
complicada, e presentaba alegacións ante o INSS para rebaixarlle a pensión de
incapacidade a pouco máis de metade da súa contía, agora a CIG volve poñer de
manifesto o comportamento intolerábel dunha mútua.