5/11/2008
A multinacional comprométese a negociar un convenio de empresa a partir do 2009
Os representantes dos/as traballadores/as de RIETER SAIFA conseguiron chegar a un acordo coa dirección da empresa o 3 de novembro, logo de manter unha reunión para á que se desprazou até Galiza o director xeral da multinacional para o Estado español e Portugal. No acordo, que foi referendado posteriormente en asemblea de traballadores e traballadoras, recóllense as principais reivindicacións presentadas á factoría, e que xa foran aprobadas antes do verán.
29/10/2008
Contra a chantaxe e polas melloras laborais
O martes 28 de Outubro chegaron á fábrica de Rieter Saifa de A Rúa uns directivos da multinacional que se adicaron a presionar a plantilla para que non secunden a folga convocada para o vindeiro martes dia 4 de novembro, que será indefinida. Os directivos estiveron 45 minutos falando con cada quenda. Ademais, desde a CIG de Valdeorras denuncian as presións que se están a realizar desde a alcaldía deste concello para que o persoal desta empresa non vaia á folga.
22/10/2008
A CIG denuncia as ameazas e a chantaxe do empresario
O empresario Adolfo Domínguez propuxo "a conxelación salarial para 2009" a cincocentos traballadores das súas catro plantas de Ourense. Na rolda de prensa ofrecida pola CIG o martes 21 de outubro informouse que o empresario da moda galega realizou primeiro esta proposta ao comité de empresa, no que a CIG conta coa maioría das delegadas/os, que amosou o seu “total rexeitamento”. A semana pasada, despois de chamar “ignorantes” á representación sindical, Domínguez volveu propor esta conxelación ás empregadas e empregados en asembleas, baixo a ameaza de despidos e da crise.
9/10/2008
“Industrias Orde S.A.” asegúralles que “non hai garantías” de que vaian percibir o salario de outubro
“Industrias Orde S.A.”, empresa téxtil radicada en Ordes que realiza encomendas para “Caramelo”, mantén sen carga efectiva de traballo as súas empregadas desde comezos deste mes. A firma, dedicada á confección, xa se acolleu, no último ano e medio, a tres Expedientes de Regulación de Emprego temporal.
30/6/2008
Esta empresa téxtil coruñesa pretendía deslocalizarse e despedir 70 traballadoras
O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 de A Coruña desestimou o recurso que interpuxera a empresa téxtil MAFECCO contra a resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta que desautorizaba o Expediente de Regulación de Emprego que presentara a firma en 2006. MAFECCO pretendía deslocalizar a súa planta de Arteixo a China e despedir 70 traballadoras.
12/2/2008
Das 20.000 traballadoras do sector, o 49% son eventuais
A principios de febreiro constituíase en Madrid a Mesa negociadora do Convenio do Téxtil. Para analizar a situación na que se atopa o sector e acordar as medidas que defenderá a CIG, celebrouse este luns, 11 de febreiro, unha asemblea na que as propias delegadas acordaron priorizar a inclusión de medidas contra a precariedade, fronte a unha simple revisión salarial, que é o que viñan asinando os sindicatos estatais convenio tras convenio.