marco
Artigos de opinión
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
Todo indica que o ano 2009 será o de todos os perigos. Porque agoniza unha era, a do neoliberalismo, e comeza, ás apalpadelas, un novo paradigma...
Muntazer Al Zaidi, lección de dignidade
Silvia Bermúdez Pérez
“Este é o noso bico de despedida, can!”. Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush ...
ERE
22/12/2008 A CIG de Ferrol valora positivamente a decisión pois “é o único xeito de demostrar a fraude do ERE”
Primeiro xuízo contra Eshor 1
A Consellería de Traballo suspendeu o Expediente de Regulación de Emprego presentado pola construtora Eshor a través do que pretendía extinguir o contrato de 150 postos de traballo. A Xunta decidiu remitir o expediente do ERE ao Xulgado do Social de Ferrol, tal e como demandara a CIG co apoio dos traballadores e traballadoras da construtora durante a reunión mantida coa Delegación de Traballo.
16/12/2008 Folga e mobilizacións desde as cinco e media da mañá
Folga mani valeo 16/12/2008 III
O colectivo que conforma o actual persoal de Cableados Auto, e que formou parte de Valeo, volvou sair ás rúas e mobilizarse para denunciar a súa máis que incerta situación, despois de que o venres 12 de decembro Cableados lle anunciaron un expediente de extinción de todos os contratos. Isto conlevaria o peche da empresa e confirmaría as preocupacións destas traballadoras, que levan máis de catro anos loitando polo mantemento dos seus empregos, e que volveron demostrar a súa enerxía e forza nesta nova xornada de loita.
11/12/2008 A construtora recibe axudas públicas para a “estabilidade no emprego”
Eshor 20081211
CIG-Construción rexeita, ademais de considerar inaceptábel, o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola construtora Eshor, co que pretende extinguir o contrato de 150 obreiros. Esta federación do sindicato cualifica de escandaloso o feito de que a empresa poida despedir impunemente todos estes traballadores cando recibe cuantiosas axudas públicas para a “estabilidade no emprego”. Eshor, ademais, obtivo 10 millóns de euros de beneficios nos últimos anos.
11/11/2008 Participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo
Rolda de prensa mani vigo 13n
O luns 10 de novembro tivo lugar a rolda de prensa de presentación da mobilización convocada pola CIG para o próximo 13 de novembro "Por un novo modelo económico e social" e para que "A crise a pague o capital", na comarca de Vigo. Asi, informouse de que esta será a manifestación central da organización sindical nacionalista, que contará coa presenza do secretario xeral da CIG, Suso Seixo. Esta marcha sairá ás oito da tarde de Vía Norte e rematará o seu percorrido na Porta do Sol.
4/11/2008 Contra a crise no sector
Manifestación automoción 3/11/2008 I
Pasadas as oito e media da tarde comezaba a marcha en defensa do emprego na automoción, convocada pola CIG. Traballadores e traballadoras de empresas do téxtil, do transporte, do metal e de químicas afectados pola crise no sector da automoción estiveron presentes nesta mobilización, para demandar medidas globais para facer fronte ao actual contexto de crise no automóbil, e non actuacións individuais e negativas para a clase traballadora como os expedientes de regulación de emprego.
24/10/2008 Concentracións fronte a Inspección de Traballo e a Xunta de Galiza
Mani Faurecia ERE 24/10
O venres 24 de outubro é o penúltimo dia de aplicación do primeiro ERE aprobado para esta empresa auxiliar de PSA Citroën. Nesta nova xornada de expediente o Comité de Empresa convocou a todos os traballadores a unha nova xornada de mobilización para denunciar a complicidade das Administracións na aprobación deste ERE, asi como amosar o rexeitamento do persoal desta factoría do automóbil a esta medida. A dirección xa presentou un novo ERE de 12 días para novembro e decembro.