5/11/2008
A multinacional comprométese a negociar un convenio de empresa a partir do 2009
Os representantes dos/as traballadores/as de RIETER SAIFA conseguiron chegar a un acordo coa dirección da empresa o 3 de novembro, logo de manter unha reunión para á que se desprazou até Galiza o director xeral da multinacional para o Estado español e Portugal. No acordo, que foi referendado posteriormente en asemblea de traballadores e traballadoras, recóllense as principais reivindicacións presentadas á factoría, e que xa foran aprobadas antes do verán.
18/9/2008
Pretende profesionalizar e mellorar a situación laboral no sector naval
Estaleiros, centrais sindicais e industria auxiliar da construción asinaron o 11 de setembro no Ministerio de Industria o "Acordo sobre o modelo de relación Estaleiros Industria Auxiliar Complementaria no marco da Mesa da Industria Auxiliar do Sector Naval, do que a CIG Metal forma parte.
11/8/2008
A folga foi desconvocada
A asemblea de traballadores do servizo de limpeza e recollida de lixo de Cedeira ratificou, o 8 de agosto, o preacordo asinado entre a empresa Celta Prix e a representación sindical sobre o primeiro convenio colectivo. A CIG-Servizos cualifica o acordo como plenamente satisfactorio ao acadar a práctica totalidade das reivindicacións do persoal. A folga ficou desconvocada.
30/6/2008
Remata o conflito pola negociación do convenio colectivo na planta de Nostián
A Asemblea de traballadores de Albada, empresa que xestiona a planta de tratamento de residuos de A Coruña, ratificou o 30 de xuño, por inmensa maioría, o acordo acerca do convenio colectivo que alcanzaran tres días antes o comité e representantes da empresa.
19/2/2008
A sección sindical da CIG asegura que o anterior Goberno local bloqueou toda posibilidade de entendemento cos empregados
O último pleno municipal de As Pontes aprobou un acordo que normaliza as relacións laborais entre os traballadores do Concello e o Goberno local. Este documento supón a fin dun conflito que mantiveron as dúas partes nos últimos catro anos. Pola súa banda, a sección sindical da CIG critica a xestión desenvolvida polo anterior Executivo local (BNG), a quen acusou de represaliar e difamar os traballadores.