1/7/2008
A emenda obtivo 30 votos a favor, 18 en contra e 15 abstencións
O Pleno do Consello Escolar do Estado, celebrado o pasado 26 de xuño, aprobou
o Informe sobre o estado e situación do sistema educativo do curso 2006-2007,
no que se tivo en conta, entre as emendas presentadas pola CIG-Ensino, a que
insta “ao goberno a que revise o Concordato co Estado Vaticano
co obxectivo de que o ensino da Relixión non forme parte do currículo escolar.” Unha emenda que foi aprobada con 30 votos a
favor, 18 en contra e 15 abstencións.
19/5/2008
O martes 20 de maio en diferentes Institutos de Educación Secundaria de Galiza
Con esta acción a
CIG-Ensino dá continuidade ás mobilizacións que, desde o 24 de abril, ven
desenvolvendo xunto co profesorado afectado para conseguir que a Consellaría
asuma as propostas que se teñen feito, co obxecto de que o futuro Bacharelato
sexa máis laico, compensado e de maior calidade.