marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
CIG-Verín
26/11/2008 Entende que se vulneran, entre outros, o principio de igualdade
Casa Concello Verin
A CIG de Verín vén de denunciar que o actual Convenio Colectivo para o persoal laboral ao servizo do concello de Verín contén erros de grande relevancia entre os que salientan salarios base e complementos diferentes para traballadoras/es de igual grupo e nivel profesional, vulnerando así o principio de igualdade e crebando as normas de clasificación profesional que rexen na administración pública. Por iso a CIG demanda modificacións na RTP e a convocatoria da Mesa Xeral de Negociación, previa aprobación dos orzamentos para o 2009.
28/7/2008 Ten que indemnizar á CIG con 3.000 € por vulneración do dereito á liberdade sindical
Antela Estación de Servizo S.L
O xulgado do Social nº 3 de Ourense vén de condenar á empresa Antela Estación de Servizo S.L. a indemnizar á CIG con 3.000 € por ter violado o dereito fundamental de liberdade sindical ao despedir a dúas traballadoras, candidatas da CIG, para impedir a súa concorrencia ás eleccións sindicais.
21/7/2008 Demandan diálogo do goberno municipal
Vilariño de Conso
O persoal do concello de Vilariño de Conso vén de convocar unha xornada de folga para este xoves, día 24 de xullo. Demandan do goberno municipal que sente a negociar para facilitar o acordo e asinar un novo convenio colectivo, fixar as bases de contratación do persoal do concello e a Relación de Postos de Traballo. Non é a primeira vez que se mobilizan e, se non hai avances nas negociacións, xa adiantan que tampouco será a última.
4/7/2008 O Xulgado do Social de Ourense considera que se vulnerou o dereito á tutela xudicial efectiva
O Xulgado do Social nº 1 de Ourense vén de declarar nulo o despedimento dun traballador “por vulneración dos seus dereitos fundamentais, en concreto a garantía de indemnidade que leva aperllado o dereito á Tutela xudicial efectiva e por ter sido discriminado por razóns ideolóxicas”. Segundo a sentenza o concello debe readmitilo inmediatamente e abonar os salarios que o traballador deixou de percibir.
1/7/2008 Sancións de 3.000 e 10.000 euros do Xulgado do Social nº 1 e a Inspección de Traballo de Ourense
O concello de Rairiz de Veiga foi condenado a pagar unha indemnización de máis de 13.000 euros por violación da integridade moral dun traballador municipal, segundo denuncia a CIG de Verín, por mor do comportamento do seu alcalde, Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio. Os feitos remóntanse ao ano 2006, cando o traballador se incorporou ao concello de Rairiz tras da disolución da Mancomunidade, onde desenvolvía a súa actividade.