30/4/2008
O SINDICALISMO NACIONALISTA É NOVAMENTE MAIORITARIO NO COMITÉ
A CIG volveu gañar as eleccións ao comité de empresa de Zara Logística ao conseguir 8 delegados, fronte aos 7 da CUT, aos 5 de CCOO e aos 3 de UGT. O sindicalismo nacionalista afiánzase nesta compañía do Grupo Inditex, en clara contraposición ás centrais españolas, que retrocederon. A participación aproximouse ao 90%.
29/12/2007
Os salarios dos traballadores subirán un 12% no primeiro ano
A CIG valora positivamente o pacto asinado hai días en Zara Logística pois mellora con creces os que rubricara no pasado CCOO coa empresa. O presente acordo, que ten unha validez de tres anos, incrementará os salarios do persoal, reducirá as horas de traballo e inclúe melloras sociais para os empregados.