marco
Artigos de opinión
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
Todo indica que o ano 2009 será o de todos os perigos. Porque agoniza unha era, a do neoliberalismo, e comeza, ás apalpadelas, un novo paradigma...
Muntazer Al Zaidi, lección de dignidade
Silvia Bermúdez Pérez
“Este é o noso bico de despedida, can!”. Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush ...
Rairiz de Veiga
15/7/2008 Estaba de baixa por acoso laboral
A Unión Local de Verín denuncia que o alcalde de Rairiz de Veiga, Xaquín Rodríguez Ambrosio, contratou hai un ano a unha Axencia de Detectives para “controlar, observar, fotografar, gravar e, en definitiva, perseguir e acosar” a un traballador do concello. A actitude deste alcalde contra o traballador xa ten provocado que o concello fora sentenciado a pagar unha indemnización de máis de 13.000 euros por violación da súa integridade moral.
1/7/2008 Sancións de 3.000 e 10.000 euros do Xulgado do Social nº 1 e a Inspección de Traballo de Ourense
O concello de Rairiz de Veiga foi condenado a pagar unha indemnización de máis de 13.000 euros por violación da integridade moral dun traballador municipal, segundo denuncia a CIG de Verín, por mor do comportamento do seu alcalde, Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio. Os feitos remóntanse ao ano 2006, cando o traballador se incorporou ao concello de Rairiz tras da disolución da Mancomunidade, onde desenvolvía a súa actividade.